Martes. 16.04.2024
El tiempo

O PEL Concellos crea 163 postos de traballo na comarca

Emprego da Deputacion Coruna PEL
O PEL Concellos crea 163 postos de traballo na comarca

Publica hoxe a Deputación os datos de incidencia do Plan PEL Concellos, ese plan para que as administración, de menos de 20.000 habitantes contrate traballadores nestes tempos complicados. Na comarca, nos 18 concellos (Carballo quedou fóra), os Concellos crearon 163 postos de traballo (o 23% dos 593 creados en toda a provincia) relacionados coa conservación, mantemento e vixilancia dos edificios de titularidade local.

Dos 6 millóns de orzamento do programa, 1,3 destináronse á nosa comarca. E os Concellos de Muxía, con 16 contratacións, ou Cabana con 14 persoas, A Laracha con 13, Dumbría con 12 e Santa Comba e Cee con 11, son dos que máis empregos xeran. Empregos de 6 ou 7 de duración meses, supoñendo arredor do 40% do total de contratacións que se realizarán, seguidos das de duración superior aos 7 meses, cun 30%, e das contratacións por 5 meses, que supoñen o 13% do total. Estas contratacións, que xa se están comezando a realizar, deberán desenvolverse entre o período comprendido desde o 1 dexaneiro ata o 31 de decembro de 2021.

Concello Importe concedido Postos de traballo
CABANA 74.000,00 € 14
CAMARIÑAS 85.699,96 € 8
CARNOTA 68.000,00 € 8
CEE 104.000,00 € 11
CERCEDA 62.000,00 € 9
CORCUBION 50.000,00 € 4
CORISTANCO 98.000,00 € 10
DUMBRIA 68.000,00 € 12
FISTERRA 86.000,00 € 8
A LARACHA 104.000,00 € 13
LAXE 74.000,00 € 5
MALPICA 74.000,00 € 10
MAZARICOS 61.968,80 € 8
MUROS 92.000,00 € 7
MUXIA 4.000,00 € 16
PONTECESO 74.000,00 € 5
VIMIANZO 92.000,00 € 10
ZAS 68.000,00 € 5

Comentarios