Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Pepe Miñones, Republicano de Honra 2018

Pepe Miñones, Republicano de Honra 2018
Pepe Minones Republicano de Honra 2018

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica quere dedicar este 2018 a un veciño de Corcubión, Pepe Miñones. A entidade nomea a José Miñones Bernárdez como Republicano de Honra 2018, e vai facer unha completa semana de actividades do 10 ao 13 de abril.

A Comisión arrincará a homenaxe cun acto o martes 10, ás 18:00h, na rúa que leva o seu nome. O mércores haberá varias recepcións oficias, o xoves 12 celebrarase a Presentación oficial do Republicano de Honra na Real Academia Galega, cun membro da RAG, o historiador Luís Lamela e un representante da CRMH. O peche do programa terá lugar o venres 13 de abril cunha ofrenda floral e homenaxe ás vítimas do franquismo no Memorial da Avenida de Navarra, e unha a Cea da República, no Hotel María Tryp do Paseo Marítimo (previa inscrición no 607506231 ou en [email protected]).

Novas relacionadas

Comentarios