Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os percebeir@s analizan as perdas por non ter traballado o pasado sábado

Percebeiro de Corme en plena faena
Percebeiro de Corme en plena faena
Os percebeir@s analizan as perdas por non ter traballado o pasado sábado

Tardaron en enviar a proposta para poder traballar este pasado sábado, e foron moitos os cartos perdidos. Os percebeiros de varios pósitos da comarca afánse estes días en non perder outra oportunidade como a deste pasado sábado, e están solicitando poder traballar o sábado 2 de xaneiro, así como o luns 4, de cara a intentar salvar as ceas e as comidas de Reis.

Con esta semana case que desbotada por mor do temporal de mar que nos azouta (non chegan ás ceas de findeano a pesar das boas previsións que había ao seren este 2020 ceas máis caseiras), os percebeiros dos pósitos de Muxía, Corme, Camelle ou Laxe están solicitando pedir con tempo os permisos que lles permitan traballar en fin de semana. “Hai que traballar fin de semana nestas datas. Necesitamos que nos deixen traballar cando vale o produto”., explican varios percebeiros que levan anos pedindo que o seu traballo dependa do mar e non do día da semana.
En todo caso, tampouco é que haia unha completa unidade no sector, e mesmo houbo confrarías que non pecharon o día e houbo quen se atreveu ir faenar con ondas de 9-10 metros.

Os percebes que levan gardando todo o ano.

A burocracia tiña que ser algo máis rápida.

Prezos de marca

Os si puideron traballar o pasado sábado (por pedir o cambio a tempo, xa a comezos de mes) foron as confrarías de Cangas e Bueu, conseguindo prezos de ata 240€ o kilo na lonxa de Cangas.

Non foron máis caros que os do Roncudo, pois algún dos percebeiros cormeláns conseguiron vender a 260€/kg na subasta de Paco Moinelo na lonxa da Coruña, obtendo unha media entre os máis grandes e os medianos arredor dos 100€/kg.

Unhas cifras que invitan a facer contas. Contas do que se puido perder por non haber unha lexislación axeitada e por non ter pedido o permiso a tempo, xa que esta semana os prezos xa non os mesmos unha vez pasada a Noiteboa e a comida de Nadal.
 

Tendo en conta a cantidade de percebeir@s que só no norte da comarca comarca máis de 190 percebeiros (28 en Laxe, 30 en Corme, 50 en Muxía, uns 40 en Camelle, 40 en Malpica…), e que teñen un tope de 6 kg por día traballado, cada percebeiro puido ter gañado arredor 600. Unha cifra que suporía unha inxección de máis de 110.000€ nas 5 confrarías.

”Necesitamos que nos deixen traballar cando vale o produto”

E aquí é onde cobran máis forza as palabras dos percebeiros, xa que en xaneiro, “un día de traballo pode pasar de valer 1.000€ a valer 100”.

Novas relacionadas

Comentarios