Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Pérgola, lista para ordear a artesanía do Ézaro

Pergola do Ezaro
A Pérgola, lista para ordear a artesanía do Ézaro

A ordenación dos postos de artesanía do Ézaro, un dos focos de atracción turística que máis ten crecido nos últimos anos, xa está configurada. A zona da Fervenza xa conta cunha pasarela de acceso peonil (máis de 600.000€) e coa nova Pérgola (máis de 400.000€), unha praza cuberta para a instalación dos puntos de venta.

Certo é que as obras ían estar rematadas con anterioridade, pero tamén sufriron as consecuencias da COVID. Ademais, que sentido tería abrila agora se non pode haber turismo. Deste xeito, dende o Concello esperan que para a segunda metade do 2021, se poida ir abrindo ao público, para o que comezará en breve coa petición de solicitudes.

A Pérgola está situada nun punto estratéxico, a carón da oficina de turismo, no marco dunha zona de ocio para poder disfrutar da ensenada e facer ao visitante quedar un rato. A oferta de kaiaks e deportes acuáticos, dunha terraza para tomar algo, da pista de paddle ou do parque infantil permite que a xente non marche directamente a outros puntos.

Novas relacionadas

Comentarios