Venres. 26.04.2024
El tiempo

A pesca recretativa galega únese ante o esquecemento do goberno central

A pesca recretativa galega únese ante o esquecemento do goberno central
A Asociación Galega pola Defensa da Pesca Recreativa (AGDPR), vén de enviar unha carta un escrito ás diferentes administracións para amosar a súa preocupación pola situación do sector arredor desta crise. A entidade, que representa a toda clase de pesca deportiva (clubs, tendas, pescadores, distribuidores, maioristas… tanto de pesca de embarcación, submarina, de cana, fluvial…) insta tamén a que se lles tivese en conta nas medidas a adoptar na vollta a normalidade.

Dende AGDPR necesitan amosar o seu descontento, despois de ver as medidas de desescalada publicadas polo goberno, “xa que no alcanzamos a entender que se trate de maneira diferente a nosa actividade respecto de outras que se practican de maneira individual”. A realidade é que “a pesca recreativa como tal non está espedificada no borrador que facilitou o goberno, non aparecendo en ningunha das fases estipuladas na desescalada, sendo nomeada unicamente a pesca deportiva”.

”Entendemos perfectamente que o primeiro é a saude das persoas, pero non entendemos que se exclua a pesca destas actividades individuais permitidas nas primeiras fases de desescalada, xa que se existe unha actividade individual que se poida facer o aire libre con total seguridade é a pesca recreativa nas suas diferentes modalidades”, explican.

Lembran que detrás da pesca recreativa hai un sector económico que está a sufrir enormemente xa que esta crise chegou no peor momento comercialmente falando”.

Comentarios