Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os pescadores recreativos de Malpica tamén protestan pola súa inxustificada criminalización

Manifestacion en Malpica dos pescadores recreativos
Manifestacion en Malpica dos pescadores recreativos. Imaxe: TVG
Os pescadores recreativos de Malpica tamén protestan pola súa inxustificada criminalización

Como fixeran en Laxe o sábado, este luns, ás 9:30h, ducias de pescadores afeccionados achegáronse ao porto de Malpica para protestar ante a campaña de criminalización que sofren no último mes a raíz “das publicacións dun periodista irresponsable”.

As tendas de pesca da comarca de Bergantiños, para as que esta práctica supón case o 50% da facturación, mobilizaron estas concentracións ao considerar “absolutamente desproporcionado” o desaloxo repentino dos portos.

Gonzalo, da tenda Atlántida, desminte as acusacións. “É unha mamarrachada dicir que collemos 20kg e os vendemos. Un día bo podes coller 2 kg, e fas unha cea, regalas uns poucos e o resto os metes no conxelador”, relata. Os manifestantes explicaban á TVG que se trata dunha práctica recreativa, que serve para pasar o tempo a moita xente con problemas.

Non entende “a que vén ao conto que nos queiran sacar dun espazo público, tendo en conta ademais que os patróns maiores, os profesionais, os alcaldes, as asociacións de comerciantes… todo o mundo está contento coa nosa presencia nos portos, porque ademais dámoslle vida aos pobos”.

Sobre a acción das autoridades, pide racionalidade. “É como se hai un accidente na autipista e pechas a autopista. Se cren que hai problemas de furtivismo, que veña a Garda Civil e que controle, pero que non nos criminalicen a todos”.

Novas relacionadas

Comentarios