Imprimir

A picante Cea das Letras deu a coñecer a nova gañadora do Certame de Poesía Erótica

que pasa na costa | 01 de decembro de 2019

Distendida Cea das Letras en Malpica 2019
Distendida Cea das Letras en Malpica 2019

O Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas é un certame único en España. De aí que a 14ª edición deste certame convocado pola A.C. Caldeirón, sexa todo evento, que merece unha emocional Cea das Letras para dar o veredito. O pasado venres tiña lugar esa simbólica cea, que ademais de presentar o libro editado da obra gañadora o ano pasado, serve para coñecer a nova gañadora.

A obra escollida foi ‘Peixes que esvaraban ao unísono’, de Remedios Fernández, que toma o relevo de Mario Regueira como gañador do certame. Así o ditaminou, entre as 33 obras presentadas, o xurado composto Tamara Andrés, Mario Regueira e Leticia Varela, concelleira de Cultura do Concello de Malpica.

Remedios Fernández ganadora do Certame de Poesia Erotica Illas Sisargas-Malpica 2019
Paco Souto, Walter Pardo, ​Remedios Fernández e Leticia Varela

Segundo este, “a proposta contén unha visión plural do amor, apoiada na ambigüidade dun eu poético que consegue sobordar o tópico da parella de namorados para ofrecer interpretacións poliédricas e deshinibidas da paixón”.

A distendida e pícara cea deixou moitas anécdotas para o patrimonio inmaterial malpicán. Non faltaron as filloas nin os chocolates con formas fálicas...

Cea das Letras de Malpica Erotica

Novas relacionadas

Máis novas de poesía

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/malpica/picante-cea-das-letras-deu-conecer-nova-ganadora-do-certame-poesia-erotica/20191201200733115537.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA