Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Pide colaboración para a crear un vídeo colectivo sobre a nosa diversidade

Video express AO SON DA XENTE IES Baio
Pide colaboración para a crear un vídeo colectivo sobre a nosa diversidade

Volve o alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do IES Maximino Romero de Lema cunha nova proposta audiovisual de interacción. Pídenos, a través dunha “campaña express”, colaborar na confección dun vídeo, que terá como banda sonora unha versión que fixeron no Centro da canción “Xente” de Guadi Galego e Guillerme Fernández.

Un vídeo para celebrar o 25 aniversario do centro, a pesar destes tempos de confinamento, e “reflectir con orgullo a diversidade da nosa sociedade, é dicir, o bonito que é sermos tan diferentes”.

Por iso piden que a xente envíe un pequeno vídeo (20-30 segundos) realizando calquera actividade que consideren oportuna: tocando algún instrumento, practicando deporte, realizando as tarefas do fogar, debuxando, lendo, pescando, sachando e un longuísimo etcétera.

As únicas condicións son gravar os vídeos coa mellor calidade posible, coa cámara en horizontal e sen contraluces. En canto estea listo o vídeo, enviádeo ao enderezo [email protected] ou [email protected]

O prazo remata o mércores 20 de maio, e o resultado estrearase o vindeiro sábado 23 de maio ás 12.00h.

AO SON DA XENTE copia

Novas relacionadas



Comentarios