Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Piden a eliminación dun reparo da AGI para aprobación definitiva do PXOM de Fisterra

Piden a eliminación dun reparo da AGI para aprobación definitiva do PXOM de Fisterra
Recta da Anchoa-Fisterra A Recta da Anchoa é unha zona urbana e urbanizada

17 anos leva Fisterra esperando por un documento que rixa o seu urbanismo. Dende o 2000 vénse tramitando o proxecto de Plan Xeral de Ordenación Urbanística de Fisterra. Un PXOM que segue atopando atrancos, obstáculos. Agora, aprobado en pleno o ano pasado, está pendente do informe da Axencia Galega de Infraestructuras para darse por finalizada a súa tramitación e proceder á súa aprobación definitiva.

Son varios os reparos da AGI, como a inclusión de dous viais de servizo paralelos na AC-445, na recta da Anchoa, dende o km 10,950 ao 13. Algo que para os membros da Asociación de Veciños Costa da Morte “é totalmente absurdo, xa que isto faríaa máis perigosa para as persoas que viven a ambos os dous lados do vial e obrigaría á construción de senllos pasos elevados para poder cruzar a estrada”.

Non entenden así os veciños fisterráns este reparo, que piden a súa eliminación para a posible aprobación definitiva do PXOM.

Novas relacionadas

Máis novas

  • Decembro 2016: A xunta e o concello reúnense para reactivar a tramitación do PXOM de Carnota.
  • Abril 2016: Aprobado o PXOM de Muxía.
  • Febreiro 2016: O PXOM de Carballo xa está vixente dende hoxe.
  • Decembro 2015: Aprobado definitivamente o PXOM de Coristanco.
  • Marzo 20015: O PP de Ponteceso aproba en solitario un PXOM máis permisivo ca edificabilidade.
  • Fonte

    Comentarios