Imprimir

Piden a Medio Ambiente cubrir con “suelo-cemento” a pista de Reira

que pasa na costa | 06 de febreiro de 2019

Estado da pista de Reira dende o temporal de novembro-Foto-Marite Tedin
Estado da pista de Reira dende o temporal de novembro-Foto-Marite Tedin

Dende os temporais do pasado mes de novembro, a pista de Reira, a fermosa pista en plena Rede Natura que une Arou e o Cabo Vilán, está nun estado catatónico. Unha situación que se repite ano tras ano, e que para o Concello de Camariñas supón un investimento de arredor 10.000€ anuais.


Xa lle teñen pedido axuda, sen sorte, a Augas de Galicia, e seguen esperando unha reunión conxunta con Deputación e Xunta, pero ambas entidades botan balóns fóra… Esta semana, a alcaldesa Sandra Insua e o Concelleiro Juan Carlos Canosa reuníronse coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. E parece que por aí pode chegar a solución.

O Concello camariñán pídelle á Xunta que utilice ese formato que está usando Costas do Estado para as súas novas sendas, un material chamado “suelo-cemento”, que vén sendo unha zahorra con algo de cemento, máis duro, máis compacto. Conscientes de que asfaltar é absolutamente imposible en rede natura, piden este material que tamén está xa instalado no paseo de Lingunde e no que se vai facer dende Lingunde ata Area da Vila en breve.

Novas relacionadas

https://www.quepasanacosta.gal/articulo/camarinas/o-temporal-de-chuvia-deixa-numerosas-incidencias-na-comarca/20181126094737089833.html

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/camarinas/piden-medio-ambiente-cubrir-suelo-cemento-pista-reira/20190206102702106448.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA