Venres. 29.03.2024
El tiempo

Piden a mellora do firme do exterior do pavillón do CEIP Bergantiños

estado da pista de saida do pavillon do cole Bergantiños
Estado da pista de saída do pavillón do CEIP Bergantiños
Piden a mellora do firme do exterior do pavillón do CEIP Bergantiños

O secretario local da Agrupación Municipalista Xuntos Carballo Xesús Deus Gende recolliu esta semana de mans de pais e nais que teñen escolarizados os seus rapacez no CEIP Bergantiños, varias reinvindicacións que está causando un malestar evidente. Concretamente solicitan a o concello que proceda a o asfaltado da zona traseira do polideportivo, no mesmo centro educativo, e que e camiño de paso para os alumn@s que cursan estudos no inmoble.

”As contantes pozas, e un firme en mal estado causa que os rapaces/rapazas a o pasar mollen os pés e a roupa, polo que pode dar lugar a friaxes e polo tanto causar algún tipo de enfermidade”, asegura Gende. Asimesmo tamén se queixan da falla de sinalización, así coma dos excrementos de animais que abondan no recinto sen que ninguén os recolla, nulo control no paso de peóns, falla de papeleiras...

Aseguran que as familias levan todo o curso solicitando unha acondicionamento do espazo.

Comentarios