Imprimir

Piden no Parlamento Europeo a cancelación defintiva do proxecto mineiro das 7 Julias

que pasa na costa | 23 de xaneiro de 2017

As 7 Julias Proxecto Mineiro Corcoesto

Se ben o alcalde cabanés considera que o asunto xa está máis que superado, parece que o feito de que o PXOME deixe unha porta aberta a un hipotético proxecto mineiro non deixa tranquilos aos colectivos que conseguiron paralizalo. Así, esa zona chamada As Julias son as que máis preocupan a unha desas entidades, a Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo, que esta semana levará o asunto ao Parlamento Europeo.

Unha das súas vocais, Ana Miranda Paz, participa no debate que terá lugar o vindeiro martes, 24 de xaneiro no Parlamento europeo, en relación ao cancelado proxecto mineiro de Corcoesto, recorcando a situación da zona das 7 Julias, dos 7 dereitos mineiros que quedan pendentes de cancelación por parte da Xunta de Galicia en relación ao fallido proxecto. Ademais falará mina grega de Skouries, Halkidiki, Grecia, de tramitación coetánea.

Lembrará Miranda que o proxecto está “blindado da minería por Bruxelas e destacarán “os valores forestais, ambientais, ecolóxicos e paisaxísticos de Corcoesto”. Ana Miranda Paz, en representación da asociación Petón do Lobo, debatirá na eurocámara o próximo martes, 24 de xaneiro, tres peticións para rexeitar as 7 Julias que continuan vixentes sobre a zona do cancelado proxecto mineiro de Corcoesto.

Así a partir das 16:00h deste martes 24 poderemos ver a retransmisión en liña dos traballos da Comisión europarlamentaria pódense seguir no seguinte enlace:

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cabana/piden-no-parlamento-europeo-a-cancelacion-defintiva-do-proxecto-mineiro-das-7-julias/20170123061604083172.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA