Imprimir

Piden a publcación dos horarios dos buses nas marquesiñas

que pasa na costa | 22 de agosto de 2019

Así está a marquesina de Corcubión...
Así está a marquesina de Corcubión...
Piden a publcación dos horarios dos buses nas marquesiñas

Parece algo evidente, e durante moitos anos os únicos horarios existentes nas marquesiñas da comarca eran os de QPC. Pasan os anos e tampouco Arriva coloca os horarios oficiais en cada parada. Por iso, dende o Grupo Municipal de Sempre Corcubión veñen de instar ao actual goberno bipartito do PSOE-PACOR a tomar cartas no asunto do transporte público.

Como primeiro paso esixen que manteñan os contactos oportunos coas empresas – Monbús e Arriva- e institucións responsables –Consellería de Infraestruturas e Mobilidade- das escasas e mal comunicadas liñas de autobuses coas que conta o concello.

Lamentan ademais que non haia un simple horario nas marquesiñas. “Non estamos a tratar xa dos veciños e veciñas autóctonas, que sufrimos estas desinformacións e incomunicacións a cotío, senón que se (de verdade) queremos ser punteiros no sector turístico, non podemos ter confundida e incomunicada a aquela persoa que se presta a vir á nosa vila no seu tempo libre”, explica Alfredo González, voceiro de Sempre Corcubión que vive o asunto de primeira man.

De cara ó futuro propoñen “impulsar (ou apoiar o impulso, dado o peso que ten o PSOE a nivel comarcal) dunha iniciativa que aborde de veras o problema da comunicación e infraestruturas que temos na Costa da Morte (autovía real, carrexos da Deputación da época fraguista, etc.); sentando a actores políticos, económicos, sociais, medioambientais da nosa terra coa Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade (e veciña, por certo, de Ponteceso), Ethel María Vázquez Mourelle”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/corcubion/piden-publcacion-horarios-buses-nas-marquesinas/20190822092448112402.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA