Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Piden unha solución ao punto negro da entrada sur de Corcubión

A complicada curva de Marcos Canosa en Corcubion
A complicada curva de Marcos Canosa en Corcubión
Piden unha solución ao punto negro da entrada sur de Corcubión

Esta fin de semana recistrábase un novo accidente no punto negro da curva de Canosa, na entrada sur de Corcubión. Unha situación demasiado recurrente para non facer nada. Por iso dende o grupo municipal Sempre Corcubión piden ao goberno local que “se poña as pilas e contacte ca Xunta de Galicia, para que realice un estudo serio sobre a modificación do eixe da estrada AC-445 na entrada do casco urbano de Corcubión vindo dende Fisterra, o carón da empresa Marcos Canosa para evitar que os coches envorquen”.

Se ben recoñece que “o principal motivo dos accidentes sexa o exceso de velocidade inclumprindo a señalización”, consideran “necesario a modificación do trazado nesta curva, abrindo o radio de curvatura suavizando a manobra o comenzar mais atrás o inicio da mesma co obxetivo de facer desaparecer este punto negro”.

Lembran que en xullo de 2019 xa houbo unha reunión entre Concello e Xunta sobre o asunto.

Curva de Marcos Canosa. Punto negro en Corcubion

Últimos accidentes na curva de Canosa

Comentarios