Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Piki, ou como marcar, con 23 anos, en 5 divisións e dous deportes diferentes

Piki, ou como marcar, con 23 anos, en 5 divisións e dous deportes diferentes
Piki, marcando un gol co seu Outes, ao Sofán, na 1ª Autonómica, na tempada Piki, marcando un gol co seu Outes, ao Sofán, na 1ª Autonómica, na tempada 2015/2016 Aos 23 anos ter xa xogado en todas as categorías do fútbol modesto galego, dende 3ª División, ata 3ª Galicia, xa é todo un récord. Pero ademais ter marcado un gol nas 5 divisións parece unha marca lendaria. Así é Isma Pedrosa, ou máis coñecido no mundo futbolístico como Piki. Xa destacaba na súa etapa xuvenil ás ordes de Manu Roque, e dende aquela leva deixando o seu selo por toda a provincia, como un auténtico trotamundos. Piki levantou a copa da Liga da Costa na Piki levantou a copa da Liga da Costa co seu Outes na 13/14 Comezou, aínda en idade xuvenil, marcando 4-5 goles no Outes de 3ª Autonómica, aló pola temporada 2010/2011. Na temporada 2011/12 estivo no Negreira xuvenil, e tamén marcou 5 goles en categoría Nacional. Xa na 12/13, fichaba polo Dumbría de Preferente, co que marcaba un goliño contra o Silva. Volvía á súa casa, á Serra, para a volta do Outes á Liga da Costa (2ª Autonómica) na 13/14, nunha temporada na que rozou os 10 tantos, máis ou menos os que marcara na seguinte 14/15, na que o cadro de Roque conseguía o título da Liga da Costa e o ascenso. Deste xeito, a 2015/2016 foi a súa temporada de explosión, marcando nada menos que 18 goles en 1ª Autonómica co equipo da súa casa. Ese ano participou no último partido da Selección da Costa, marcando tamén ante o Dépor Xuvenil. Esa proxección levouno a dar o salto na 2016/2017 á 3ª División, da man do Negreira, nunha temporda complicada na que si puido marcar un goliño ante o Ribadumia, completando así, en apenas 6 anos, un répoker de categorías. O ano pasado Piki lanzouse ao fútbol sala, chegando nada menos que ao Noia Portus Apostoli da 2ª División Nacional. Non chegou a marcar en partido oficial pero si marcou o primeiro gol do equipo, no primeiro amistoso do club. Este ano Piki decidiu volver ao Fútbol da Costa, e faino no Mazaricos, ás ordes do seu amigo Roberto Amoedo, onde xa leva 7 goles en 8 partidos para manter ao cadro amarelo no alto da táboa. Piki O ano pasado no Noia Portus Apostoli contra Santiago copia Piki, o ano pasado no Noia Portus Apostoli contra Santiago Piki xogando maratons co pai segundo abaixo pola esquerda con Amoedo Nico ou Nestor+ Piki, xogando maratóns co seu pai, segundo na fila de abaixo pola esquerda, e mais con xentes como Amoedo, Nico ou Néstor Piki marcou tamen coa Seleccion da Costa ao Depor Xuvenil Piki marcou tamén coa Selección da Costa ao Depor Xuvenil na 2015/2016 Mazaricos 18-19 Piki, segundo pola dereita na fila de arriba, no Mazaricos desta temporada

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/geno-un-estratega-buscando-soluccions-en-esteiro/ https://quepasanacosta.gal/adrian-makaay-o-faro-que-guia-o-fisterra/ https://quepasanacosta.gal/javi-antelo-de-camarinas-a-ponte-buscando-un-ascenso/ https://quepasanacosta.gal/alberto-recarey-unha-referencia-fiel-o-pinguel/

Comentarios