Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Pioneiras promocións de Diplomados nas Escolas Municipais de Vela de Cee e Corcubión

Pioneiras promocións de Diplomados nas Escolas Municipais de Vela de Cee e Corcubión

O Club Marítimo Carrumeiro e a Escola de Vela Cataventos informa o Sábado 26 de Maio do 2012 no peirao de Corcubión celebrar a entrega de diplomas dos Cursos de Vela Municipais dos Concellos de Corcubión e Cee. Xa sabedes que se trata duns cursos pioneiros (a nivel municipal) en toda Galicia, facendo que un deporte como a vela, e sobre todo, o mar, poida chegar ao corazón dos máis pequenos.
Un programa que se combina con outro tamén pioneiro, o de O Mar na Escola, onde 232 mozos de 6 centros escolares disfrutan do mar en horas lectivas.

Ambos os concellos apoiaron a iniciativa de ofrecer aos mais novos a posibilidade de achegarse ao mar e aprender a navegar. Durante os meses de outubro a xuño os mozos acudían os sábados ao Club Marítimo Carrumeiro onde recibían formación teórico-practica a cargo dos técnicos da Escola de Vela Cataventos.

O grupo do concello de Corcubión acudía os Sábados de 11:00 a 14:00 e o de Cee de 15:00 a 18:00. O resultadp de ambos os programas foi todo un éxito xa que ao final da actividade os participante conseguiron navegar en barcos individuais Optimist e en barcos colectivos sen monitor.

A entrega de Diplomas do concello de Cortubión foi presidida polo Técnico de Deportes Carlos Pazos e o grupo de regtistas do Club que son un modelo a seguir por estes mozos navegantes e que logo de tantos meses compartindo experiencias no mar senten un gran equipo. En Cee a Concelleira María Isabel Fernández animou o traballo de esteas novos navegantes.

Desde o Club Marítimo Carrumeiro e a Escola Cataventos queren enviar o máis sincero agradecemento aos Concellos, en nome dos Técnicos Manolo Calo (concello de Cee) e Carlos Pazos (concello de Corcubión) polo apoio prestado no desenvolvemento desta actividade xa que a base de todo deporte é a canteira e contando cunha ría tan resgardada, que nos permite navegar, adestrar todo o ano.

Novas relacionadas

Comentarios