Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Plan Especial Razo-Arnados eliminará o tráfico da primeira liña de praia

Paseo maritimo Razo-Arnados Carballo
Cambiará radicalmente a fachada do paseo marítimo Razo-Arnados
O Plan Especial Razo-Arnados eliminará o tráfico da primeira liña de praia

Hai expectación ante o importante Plan Especial Razo-Arnados. Un proxecto que cambiará a fisionomía dunha zona fundamental para Carballo, e que segue avanzando despois de que a Xunta de Goberno Local aprobase esta semana o Plan de ordenación integral dun ámbito de máis de 300.000 metros cadrados de solo rústico entre o núcleo de Razo da Costa e o monte Peados, cun horizonte de 16 anos, e cun orzamento de 6,5 millóns de euros.

Quedan dous meses de exposición pública, someterase a información pública durante dous meses, para seguir dando pasos.

Dende o concello lembran a complexidade do documento, que combina as restricións do Plan de Ordenación do Litoral (POL) e da Rede Natura 2000, pois máis dun terzo da superficie total do ámbito do plan especial forma parte dela.

Unha das novidades máis importantes é que na vía paralela á praia, na que se producen desprendementos constantes, o plan establece a supresión do tráfico rodado e crearase unha senda peonil e ciclista.

Aparcamento, campo de fútbol

Non faltará a a demanda histórica dun amplo aparcamento, substituíndo as 3 zonas actuais por dous novos aparcadoiros permanentes con capacidade para 468 e 1.084 vehículos, superando a dotación actual.

Tamén se proxectan catro áreas de equipamento, tres de carácter público cunha superficie total de 25.549 metros cadrados, nos que se podería emprazar un campo de fútbol que servirse de alternativa ao actual, e unha cuarta de carácter privado de 671 metros que se corresponde cunha escola de surf.

Novas relacionadas

Comentarios