Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Muros

Pleno de aprobacións en Muros

Pleno celebrado este xoves en Muros no que as aprobacións foron protagonista, pero no que non faltou o debate nas dúas horas de pleno.

Non puido asistir a concelleira María Xosé Alfonso, porque no seu centro de ensino non cubriu todas as prazas.

O PSOE presentaba tamén unha moción sobre o inicio dos trámites para permitir a peatonalización das rúas da Vila, Xesta, Real, Pescadería e Ancha. O grupo considera que a entrada dos vehículos, sobre todo os pesados, provocan un perxuizo moi grande ao entraren no casco vello. Que se controle a entrada con permisos, horas determinadas, que se sinalice…
O BNG recordou que xa presentara unha moción para a peatonalización no seu día, polo que está dacordo coa peonización pero poñéndoa nun marco de “plan de activación”. A alcadesa sinalou que se debería contar coa participación dos empresarios implicados…”Estamos aberto a valorar a peatonización das rúas, e pensamos que pode ser algo eque dea valor engadido ao casco, pero pensamos que hai facelo ordenadamente contando cos afectados e dando respostas a distintas problemáticas”. A proposta foi aprobada cos votos a favor de PSOE e PP, e as abstencións de BNG e CxG.

Tamén se ratificaron os días festivos do 2021: o martes 29 de xuño, San Pedro; e o venres 16 de xullo, o Carme.

O Pleno aprobou as tres mocións sometidas polo BNG. A primeira sobre o rexeitamento o rexeitamento ao Protocolo COVID19 para o ensino da Xunta de Galicia. Unhamoción defendida por Ía Lago, que denuncia que “a volta ás aulas, denunciou, produciuse cunha Xunta que impuxo unilateralmente o protocolo para lle facer fronte á pandemia sen o negociar con ninguén. Non o dialogou nin coas ANPAS nin cos representantes do profesorado nin coas organizacións estudiantís nin cos concellos. En concreto, aos concellos obrígaos a se faceren cargo da limpeza e desinfección nos centros, sen que o Goberno galego  faga ningunha achega de fondos aos concellos“, rematou a voceira nacionalista”.
Esta moción contou cos apoios do PSOE e CxG e ata o Partido Popular mostrou a súa abstención.

Na moción sobre as actividades extraescolares, o BNG solicita apoiar as reivindicacións das asociacións de nais e pais do alumnado para resolver os problemas que impedirían o desenvolvemento das actividades extraescolares neste curso así como que sexa o propio Concello de Muros o que se faga cargo e se responsabilice da súa organización. A alcaldesa reivindicou que leva semanas en comunicación coas ANPAs e repasou a cantidade de melloras realizadas estes meses, pero en todo caso a moción foi aprobada cos votos de BNG, PSOE e CxG e abstencións de PP.

Tamén foi aprobada unha moción sobre unha reivindicación histórica, a mellora da sinal de televisión en Abelleira e Torea. Pediron a substitución do repetidor de sinal de televesion situado na parroquia de Tal, e a moción oi aprobada cos votos do Partido Popular e de CxG e contou coa oposición do PSOE.

Pleno de aprobacións en Muros