Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O pleno de Vimianzo aprobou unha modificación urbanística que solventa problemas en Bamiro, Tines e Treos

Plano da redelimitación de Bamiro presentado en 2018
O pleno de Vimianzo aprobou unha modificación urbanística que solventa problemas en Bamiro, Tines e Treos

O pleno vimiancés aprobaba a semana pasada de xeito provisional a Modificación Puntual para a redelimitación dos núcleos de Bamiro, Tines e Treos. Unha moción impulsada polo goberno de Adiante Vimianzo no 2017, criticada no seu día pola oposición, pero que vén a solventar “numerosos problemas urbanísticos derivados das normas subsidiarias municipais, cheas de erros e contradicións, e dun urbanismo de intereses particulares e corrupción que se deu durante moito tempo no concello de Vimianzo e que deu lugar a unha serie de problemáticas que agora atopan solución”.

Con esta modificación das normas subsidiarias de Vimianzo, logo da resolución das alegacións presentadas en época electoral, quedan redelimitados os núcleos rurais das parroquias de Bamiro (O Campo, Bamiro, O Ceán), Tines (Tines e Romarís) e Treos (Treos, O Refoxo e Quintáns).

Para Adiante Vimianzo é unha satisfacción que se aprobe a Modificación Puntual núm.6 xa que "cremos que é un proxecto modélico, realizado cunha grande exhaustividade e que dá solución a unha problemática importante nestas tres parroquias", a intención de Adiante Vimianzo era continuar este proxecto e facelo extensible á totalidade das parroquias do concello. “A Sra. Rodríguez, cando era concelleira da oposición, reclamaba insistentemente a realización dun PXOM, mesmo prometeu en campaña electoral que sería o primeiro que faría ao chegar á alcaldía; leva ano e medio gobernando e nada fixo ao respecto, o único que fai é vivir de rendas e vender como un logro persoal o traballo que o noso goberno deixou feito. Propaganda e fume." como lle lembrou na sesión plenaria Manuel Antelo.

Comentarios