Venres. 19.04.2024
El tiempo

Poder Xalleiro, unha nova forza para as eleccións de Santa Comba

Poder Xalleiro, unha nova forza para as eleccións de Santa Comba
Poder Xalleiro presentase as eleccions de 2015 en Santa Comba

Chámanse Poder Xalleiro, e veñen de presentar a súa candidatura para as eleccións municipais de maio de 2015 para o Concello de Santa Comba. Un Concello que queren que sexa “Algo máis que bares e pubs”, e que veñen con gañas de “auditar”.

Nese sentido, chegan “Sen dereitas e esquerdas”, con gañas de “activar a democracia en Santa Comba, devolver os Xalleiros, as súas institucións, secuestradas polo caciquismo das familias que conciben a Política, como, o medio para perpetuar a súa casta económica e social”.

Falan de “auditar todas as contas”, e “esixir responsabilidades si houbese cousas ilegais”, así como loitar contra os “favores”. Falan de “situar o pobo no mapa”, de traballo, de “potenciar o transporte público con Santiago, que una pobos, e que os habitantes destes municipios poidan vir comprar no noso comercio”.

Queren “ofertar aos mozos algo máis que bares e pubs. E que os nenos teñan actividades. Que lles formen GRATUÍTAS”.

Aseguran ser xente normal, que se unha camareira, un administrativo, un enfermeiro, un montador industrial, algún parado, algún emigrante retornado, varios empresarios, universitarios… Por iso queren que “as decisións que afectan os veciños, tómenas eles convertendo as parroquias en parte activa, con voz e voto”.

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios