Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Podio de pichichis costeiros no máis alto da 1ª Galicia

Podio de pichichis costeiros no máis alto da 1ª Galicia
MC Yuyo e Adrian Makaay Pichichis da 1 MC, Yuyo e Adrian Makaay son os Pichichis da 1ª-Fotos de David Castro

Poucas veces vemos estas cousas en categorías provinciais. Tres dianteiros do Fútbol da Costa ocupando os tres primeiros postos da táboa de pichichis do grupo 2 da 1ª Galicia. Aí temos a MC, Yuyo e Adrián Makaay demostrando o nivel deste curso nosos nosos equips.

MC leva co Baio 15 goles (3 de penalti) en 16 partidos.

Yuyo leva co Dumbría, 14 goles (2 de penalti) en 16 partidos.

Adrián Makaay suma co Fisteterra 13 goles (3 de penalti) en 16 partidos.

Por detrás, xa con 9 goles, dous dianteiros do Flavia, Uxío e David.

Alejo Pichichi da 2 Alejo, nome propio da Liga da Costa

Liga da Costa

A 2ª ten un nome propio destacado: Alejo. O cormelán volveu aos campos arrasando, e suma xa 26 goles (5 de penalti) en 14 partidos, case 2 por encontro.

Lonxe quedan Pesco, (Volantes), Piky (Mazaricos); e Pablo Muíño (Baíñas), con 11 goles (3 de penalti) noutros 14 partidos.

Con 9 atopamos a Manu Nogueira (Muxía), e con 8 unha serie de xogadores importantes da liga: Martín (Buño), Estéfano (Mazaricos), Dani Casal (Malpica), e Javi Souto (Baíñas). Cristian (Lira) e Dieguito (Cerqueda) suman 7.

3ª Galicia

Na 3ª temos novidades, pois no máis alto aparece Djibril. A fichaxe do Camariñas leva 15 goles (2 de penalti) en 13 partidos. Por detrás aparecen 4 xogadores con 11 goles, se ben a mellor media é a de Adrián Lema, dianteiro do Laxe, pois só disputou 8 partidos. Con el, Sergio (Coristanco), Iván Mato (Cabana) e Sebas (Castriz). Xa con 10 está Samuel (tamén do Coristanco), e con 9, un Javi Antelo (Camariñas) ao que se lle queda pequena a categoría.

Camarinas-Castrelo Djibril rematando esta semana no Camariñas-Castrelo-Foto-Jose Campaña  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/piki-ou-como-marcar-con-23-anos-en-5-divisions-e-dous-deportes-diferentes/

Comentarios