Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Pola peonización de Corcubión

Pola peonización de Corcubión
Rua Antonio Porrua en GoogleStreetView

Levamos moitos anos pensando que un Corcubión sen coches polo seu casco histórico sería unha auténtica marabilla. Pero tamén levamos moitos anos que isto sería un proxecto difícilmente realizable, pois o costume do coche aínda está demasiada arraigada pola volta. Así e todo, parece que o Concello de Corcubión está poñéndose a traballar para acadar a peatonalización de varias zonas: a zona do Campo do Rollo, praza onde está o parque infantil e con moita vida, mesmo terraceo; e a rúa Antonio Porrúa, vila con varios establecimentos hostaleiros.

Pero como era de esperar, a cousa non vai ser sinxela. A pesar de que polo de pronto está a desenvolverse un proxecto piloto, un experimento para ver as posibles consecuencias da decisión, xa houbo veciños que protestaron, e os grupos políticos non o están a poñer fácil. O PP xa amosou o seu rexeitamento e o BNG considera que estes días “están sendo un caos”, e “culpa ao Concello como único responsable” dese suposto caos.

E iso que o BNG votou a favor (o PP abstívose) do Regulamento de Tráfico presentado polo concello e no que recolleron melloras aportadas polo Grupo Municipal do BNG. En todo caso, o BNG non esconde que “sempre perseguiu a peonización de Corcubión, xa que entendemos que se consigue así devolver as rúas aos peóns e revalorizar o entorno do casco histórico como pasa na case totalidade das vilas históricas de Galiza, e que estamos seguros que potenciará turisticamente o centro corcubiones”.

Esperemos que ambos grupos, que buscan o mesmo, remen na mesma dirección.

Fonte

Comentarios