Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Policía Local da Laracha multa por alcoholemia e por non levar a máscara

Edificio Administrativo onde esta a sede da Policia Local da Laracha
Edificio Administrativo onde esta a sede da Policía Local da Laracha
A Policía Local da Laracha multa por alcoholemia e por non levar a máscara

Días de actividade, en pleno verán, para a Policía Local da Laracha. Por exemplo, están reforzando a vixilancia do cumprimento das medidas de restricións da Covid-19, referidas á utilización de máscara e á prohibición de fumar en vía pública sen poder gardar a distancia de seguridade, e mesmo formularon varias denuncias administrativas.

Ademais, tamén están pendentes dos problemas de circulación, e veñen de realizar varias probas de alcoholemia a condutores sospeitosos. Por exemplo, o o pasado venres día 14 de agosto, aproximadamente sobre as 18:00 horas, observou como un vehículo realizaba unha condución anómala, polo que os axentes procederon a darlle o alto e a realizarlle a correspondente proba de alcoholemia ao condutor do turismo, arroxando unha taxa positiva de 0,91 mg/l en aire expirado, polo que se instruíron dilixencias xudiciais por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Tamén, durante a noite do venres, arredor das 23.00 horas, foi interceptado outro condutor ao que tamén se lle realizou a proba de alcoholemia despois de que os axentes observaran un comportamento estraño na condución, arroxando este unha taxa positiva de 0,39 mg/l en aire expirado, polo que foi sancionado administrativamente.

Unha detida

Paralelamente, a Garda Civil detivo unha veciña de 54 anos por un suposto delito de danos contra a propiedade e coaccións tras unha denuncia doutro veciño, de 62 anos, que argumentaba que lle raiara o vehículo. O denunciante aseguraba que a muller ademais lle rompeu a entrada a unha granxa de polos e mesmo lle roubaba un bebedeiro.

Maleza na cunetas

Noutra orde de cousas, o PSOE solicita que o Concello repare “o mal estado da cuneta no lugar de Padronelo (San Román), exactamente entre as casas número 1 e número 6, onde os veciños e veciñas do lugar teñen que limpar cos seus propios medios”.

Comentarios