Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O polígono da Laracha aproba a Tramitación ambiental para a súa ampliación

201104 AVM A LARACHA
O polígono da Laracha aproba a Tramitación ambiental para a súa ampliación

Supera o 70% de ocupación e é “unha das zonas industriais con maior potencial da provincia”. De aí a necesidade de afrontar a ampliación do Polígono da Laracha, que vai avanzando.

Onte a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladoulle e ao alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, que o departamento que dirixe da por concluída a tramitación ambiental relativa á Modificación Puntual do Plan Sectorial relativo a esta área empresarial.

O Informe Ambiental Estratéxico permitirá mellorar as condicións de ordenación do parque empresarial e facilitar a implantación de novas empresas nesta superficie empresarial.

Novas relacionadas

Comentarios