Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A política de Corcubión enrédase no Cubaleiro

Campo Cubaleiro melloras
Melloras que necesita o Cubaleiro
A política de Corcubión enrédase no Cubaleiro

Case 8 meses leva o campo do Cubaleiro pechado dende que as competicións federadas botaron o freo. Unha situación que provoca un evidente estado de abandono, que se suma aos seus 15 anos de servizo sen apenas renovacións.

Esta fin de semana, o voceiro de Sempre Corcubión, Alfredo González puido acceder ao interior do campo de fútbol, xa que a porta estaba aberta de par en par (é posible que o candado, enferruxado, rompera coa forza do vento) a aproveitou para alertar o “estado lamentable” na que se atopa esta instalación deportiva municipal.

Máis alá dos aparellos de adestramento que se atopou ciscados por alí, o campo si que necesita unha “urxente cambio da cuberta, que se vé oxidada, carcomida e chea de buracos”. “O mantemento das dotacións municipais en bó estado non é un gasto. É unha inversión na calidade de vida dos nosos veciños e principalmente na nosa xuventude”, sinala o edil.

Dende o grupo de goberno recoñecen que “evidentemente as instalacións teñen falta dun lavado de cara, pois logo de máis de 15 anos de funcionamento teñen moitas deficiencias, especialmente na grada e nos vestiarios, derivadas da humidade e da corrosión do vento do mar”.
Lembran que xa teñen cambiado a caldeira, e que gastaron 100.000€ en cambiar a cuberta do pavillón, e aseguran que “agora toca facer un importante investimento no campo de fútbol”. Explican que xa “levamos tempo traballando nelo, con visitas do técnico para estudar as reparacións necesarias” e que xa solicitaron unha subvención á Xunta pero foi desestimada. En todo caso aseguran que o vindeiro ano intentarán afrontala “aínda que sexa con fondos propios”.

Aproveita o grupo de goberno para criticar ao seu rival. “É moi fácil facer catro fotos puntuais e colgalas no Facebook. O máis difícil é traballat durante todo o ano polo deporte”, criticando que o propio Alfredo “nunca se pasou polo campo, nin colabora coa directiva nin como afeccionado”. Un ataque persoal baseado nunha afirmación errónea, xa que Alfredo ten sido socio do club en diversas campañas.

Comentarios