Venres. 19.04.2024
El tiempo

Poñen en marcha en Coristanco unha depuradora que levaba 3 anos abandonada

Entrega Coristanco
Poñen en marcha en Coristanco unha depuradora que levaba 3 anos abandonada

Paseniño vai recuperando o Concello de Coristanco a actividade das súas pioneiras, pero abandonadas, depuradoras. Desta volta, a Xunta facía entrega da recuperada depuradora de Portoquintáns, que necesitou dun investimento de máis de 43.000 euros, para activala, despois de que a instalación fose entregada ao Concello a comezos de 2017, pero o anterior goberno municipal non cumpriu a súa obriga de poñela en marcha

Coas obras contratadas por Augas de Galicia, actuouse na mellora da impulsión de cabeceira con bombas que dispoñen de funcionalidades preprogramadas para adaptarse automaticamente ao entorno cambiante das augas residuais. 
Instaláronse, ademais, dúas novas bombas, e adaptáronse as instalacións eléctricas e autómata aos novos equipos. Posteriormente procedeuse á posta en marcha da estación depuradora
A instalación de Portaquintáns foi deseñada para sanear e depurar as augas xeradas por unha poboación equivalente a 600 habitantes.
 

Novas relacionadas

 

Comentarios