Venres. 26.04.2024
El tiempo

Pontececeso recupera o caldo de gloria de Rosalía polas escolas

Pontececeso recupera o caldo de gloria de Rosalía polas escolas
Folleto do caldo de gloria de Rosalia en Ponteceso

Ponteceso, da man da súa Concellería de Cultura que dirixe Carlos Penedo, sumarase a proposta da Fundación Rosalía de Castro para celebrar o aniversario da autora (nada o 24 de febreiro de 1837) e distribuirá uns folletos coa receita do Caldo da Gloria, que aparece no poema Miña casa, meu lar. A receita tamén estará nos manteis de papel que o concello distribuirá entre os bares e os restaurantes aos que convida a facer parte da homenaxe incluíndo nas súas cartas e menús o caldo humilde. A iniciativa está dentro dos actos de celebración do Mes de Rosalía, así declarado institucionalmente polo Concello de Ponteceso, que a concellería iniciará a próxima semana, o xoves día 22, con sendas intervencións da narradora e ilustradora Marisa Irimia nos colexios de Ponteceso.

Mes de Rosalía

• Día 22 de febreiro. Actuación da narradora e ilustradora Marisa Irimia no CEIP As Forcadas (ás 10.15 e ás 11.15 horas) e no CEIP Eduardo Pondal (ás 11.45 e ás 12.45 horas). Actividade dirixida ao público de idades entre 3 e 11 anos. • Días 23 e 24 de febreiro. Reparto dos flayers nos colexios e dos manteis nos locais de hostalaría de Ponteceso coa receita do Caldo da Gloria, tirada do poema Miña casa, meu lar. • Día 28 de febreiro. Charla e recitado poético a cargo de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, no IES Eduardo Pondal de Ponteceso. Ás 11.50 horas.

A palabra xusta. Proxección en Ponteceso

Ademais, Ponteceso unirase á celebración do Día Internacional da Lingua Materna, o 21 de febreiro cunha proxección, no IES Eduardo Pondal, do filme "A palabra xusta", unha viaxe a través da memoria das cousas, dos recordos, dos pensamentos e das emocións da profesora Antía Cal, que inventou un xogo para o seu alumnado no que, ao rematar a clase, cada persoa tiña que escribir nun papel e da forma máis sintética o que aprendeu na clase do día, se fose posible, nunha soa palabra e, entre todos, elixen a mellor resposta: a palabra xusta.”

Fonte

     

Comentarios