Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Ponteceso Alevín e os dous equipos de Outes, os primeiros campións das Ligas de F8

Outes Alevin celebrando o titulo
Alevíns do Outes celebrando o título no Eleuterio Balayo
O Ponteceso Alevín e os dous equipos de Outes, os primeiros campións das Ligas de F8

Este ano teremos nada menos que 7 campións das Ligas de F8. A desfeita dos grupos de Alevíns e Benxamíns contraponse coa fermosa Liga Prebenxamín unificada, que efectivamente obriga ás familias a facer máis quilómetros, pero permite ir vertebrando a Costa da Morte a través do deporte dende a base.

Onte adiantábanse varios partidos da penúltima xornada do Gr.4 tanto de Alevíns como Benxamíns. O Eleuterio Balayo acollía os choques dos 4 equipos dos Miúdos, e que remataban con alegría pola banda da Serra.

Os dous equipos de Outes vencían aos seus rivais e se proclamaban campións dos Gr.4 das Ligas Alevín e Benxamín.

Outes campion alevinOs alevíns do Outes son adestrados por Carlos Romero

Ambos suman números moi semellantes, con 11 vitorias. Os Alevíns só caían contra o Cee, 3º na táboa 4 puntos por detrás do Dumbría. A loita fica agora por esa segunda praza que dá acceso á final da Copa. Se o Dubría vence este domingo á Esteirana, asegurará praza. Se non, todo xogarase no choque entre ambos da última xornada.

Pola súa parte, os Benxamíns só coñecen a vitoria nos 12 partidos disputados, con 81 goles a favor e só 10 en contra. Son 8 os puntos que saca á Esteirana, coa que se enfronta na última xornada, e ten asegurada o pase á fase final da Copa como segundo de grupo.

Benxamins de Outes

Os Benxamíns do Outes son dirixidos por Jorge Carou

 

O Ponteceso Alevín, xa campión do Gr.3

Ponteceso alevin campion

Os alevíns do Ponteceso están dirixidos por Yago García Caamaño

Se ben os dous, pequenos, pequenínismos, Gr.5, e a Liga Prebenxamín acaba de comezar, os Grupos 3 si están tamén na recta final.

De feito, o Ponteceso Alevín vencía esta semana ao Sofán e solventaba a Liga. Saca 9 puntos ao Dumbría B a falta de 2 xornadas e proclamouse campión de Liga por segundo ano consecutivo.

O Dumbría, preto do título

Dumbria benxamin

O Dumbría de Julio Vila pode cantar o alirón este domingo

O Gr.4 de Benxamíns fica pendente das dúas últimas xornadas. Só 3 puntos separan ao Dumbría do Xallas, se ben o cadro dumbriés conta co golaveraxe individual a favor. Deste xeito, o equipo de Julio Vila, bastaralle con puntuar este domingo no Hermanas Patiño ante o Camariñas para alzarse co título.

A fase final da Copa, o 12 de maio

Agora os equipos dos Gr.3 e 4 disputarán dúas liguillas diferentes. Por un lado, os dous primeiros de cada grupo, que xa teñen asegurado o seu pase á fase final de Copa, disputarán unha liguilla polo título. Os restantes equipos disputarán unha liguilla, meténdose na fase final os tres primeiros clasificados de cada un dos tres grupos que se formarán.

Unha fase final da Copa da Costa que se desputará o 12 de maio. En Prebenxamíns, os 4 primeiros xogan a Fase Final da Copa. En Alevíns e Benxamíns, os 8 equipos que pasan á fase final son:

  • Dous primeiros do Gr.3
  • Dous primeiros do Gr.4.
  • O primeiro do Gr.5
  • Os primeiros dos tres grupos da Liguillla copeira.

Torneo Alevín

Esta fin de semana o Cunchido acolle unha fase do torneo Conservas Calvo de F11 Alevín.

Torneo Luis Calvo no Cunchido

Novas relacionadas

Comentarios