Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Ponteceso emprega 3 millóns de euros en asfaltar as parroquias

Ponteceso emprega 3 millóns de euros en asfaltar as parroquias
Parroquia de Cores Ponteceso As obras de pavimentación do lugar de Cores comezarán en febreiro

8 proxectos de pavimentación ten o Concello de Ponteceso en marcha, por un valor de 1.728.695 euros. 8 proxectos da Concellería de Obras e Servizos, que inclúen nas propostas mediabientais, que constan de asfaltar e asfaltar quilómetros de vías secundarias. Uns proxectos realizados cos fondos do POS+ da Deputación

Por exemplo, onte celebrouse a mesa de contratación polos proxectos de pavimentación denominados “Niñóns” e “Bugalleira -Rebordáns”, que suman máis de 700.000€.

Paralelamente xa comezaron as obras en Xornas, Campara e Tallo, obras denominadas “O Quente” (no límite con Coristanco), mentres que o resto das adxudicadas, en Corme-Porto, no Couto e en Ponteceso, así como en Cores, farano a primeiros de febreiro.

Con estas actuacións, o Concello suma xa 3 millóns de euros de investimento en asfaltado das parroquias, tralas obras xa realizadas en Pazos, Tallo, Anllóns, Cores e Brantuas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-37-dos-fondos-do-pos-empregados-polos-concellos-para-pavimentacions-e-saneamentos/

Comentarios