Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Por que temos que coidar o Monte Pindo?

Por que temos que coidar o Monte Pindo?
Por que temos que coidar o Monte Pindo?

Precisamente disto tratou o II Simposium Monte Pindo, que artellou Asociación Monte Pindo Parque Natural. Un foro para reflexionar sobre o tesouro que temos na bisbarra, e para coñecer moitas das cousas que agocha o Olimpo Celta.

O evento, retransmitido en tempo real polo twitter (poden buscar polo hastag #2smp) e que se desenvolveu en Caldebarcos, contou con 10 horas de ponencias e experiencias que nos deixan, iso si, un "sabor agridoce dun noso medio natural tan potente como maltratado nos últimos anos".

O compromiso da veciñanza co territorio, unha visita aos anfibios do lugar, unha documental sobre os roteiros do monte e ata o achádego de nova fauna microbiótica nas covas, foron algúns dos temas destacados do Simposium.

Un da casa para presentar o Simposium

Foi o propio César Cambeiro, actor natural da vila carnotá e presidente da activa en materia de recuperación patrominoal AAVV Xurde Caldebarcos, o encargado de presentar o evento. César deixou constancia do seu compromiso coa terra cunha clara frase: "O que fas para os outros permanece. O que fas para ti morre contigo".

Custodiando o territorio

Deu paso a Margarida Miguens Busto, bióloga e membro de ADEGA, que relacionou a chamada coa custodia do territorio, na que tamén traballa o concello carnotán e que tan bos resultados está a dar noutros países. É aí cando a veciñanza toma as rendas da protección do territorio, e nese camiño o Concello carnotán. Aí están facendo ese traballo as Rainha Lupa de Quilmas, Mar de Lira, ou a propia Asociación Monte Pindo Parque Natural.

Xosé Manuel Lobato, escritor e doutor en filosofía e ciencias da educación, presentou o seu libro "Máxico Tear Natural", un percorrido íntimo por 23 espazos naturais galegos máxicos, entre os que non podía faltar o Olimpo celta.

Continuando coa programación matutina, Moisés Asensi Cabirta, que é arquitecto técnico, membro da Sociedade Galega de Historia Natural e autor da "Guía dos anfibios e réptiles de Galicia", disertou sobre os tipos de anfibios e réptiles que abondan -ou non- en Galiza, e concretamente no monte do Pindo.
Moisés convidou aos asistentes a fotografar os anfibios e réptiles que se vexan durante as subidas ao Olimpo dos galegos.

Unha documental

Despois dun agradábel xantar na célebre Casa da Cregha, a tarde recalou cargadiña de actividades para todos os presentes. En primeiro lugar, a estrea en exclusiva do documental "Sendeiros ocultos: Ruta á Moa" convintemente presentado por Andrés López Romero, director, que acompañou a Xilberto Caamaño polos lugares máis interesantes do Pedregal durante máis de 5 horas para obter esta peza audiovisual que agardamos, en breve, ver entrar en todos os nosos fogares pola televisión.

En materia arqueolóxica

Foi o xeólogo de referencia da Asociación Xoán Ramón Vidal Romaní, director do Instituto Univ. de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, o nomeado para a única ponencia da tarde, dedicada á fabulosa fauna microbiótica que habita nas covas graníticas do Monte Pindo, un descubrimento dun enorme valor científico aínda moi pouco divulgado.

Logo do descubrimento cientifico da xornada, o poeta local Xoán Lestón, veciño de Caldebarcos, foi chamado a entoar algúns dos seus versos xurdidos do corazón e dedicados á terra que emocionaron a moitos dos presentes, dedicados a temas como os incendios, os fuxidos represaliados polo fascismo na Guerra Civil, ou a necesidade de que a sociedade tome parte activa na defensa do medio que nos da razón de ser.

Xilberto Caamaño, presidente da Asociación Monte Pîndo Parque Natural, foi o encargado de clausurar a xornada e despedirse en nome do colectivo de todos os asistentes, agradenzo a presencia e colaboración de todos e deixndo claro o sentir do colectivo: "un desenvolvemento económicos substentábel para toda a sociedade, baseada nun medio natural máis protexido, produtivo e coidado

.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios