Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Por un porto deportivo para as 600 embarcacións en tránsito que atracan cada verán en Fisterra

porto deportivo de fisterra
O porto de Fisterra xa conta cun pantalán, pero non suficiente para as embarcacións en tránsito
Por un porto deportivo para as 600 embarcacións en tránsito que atracan cada verán en Fisterra

A Asociación de Veciños “Costa da Morte” volve á carga coas súas peticións. Esixencias públicas e cartas á administración que, aínda que non sexan demasiado escoidatas, polo menos serven para seguir recordando as carencias nas que vive a bisbarra, e nomeadamente o pobo de Fisterra.

En innumerables ocasións teñen esixido o remate da Autovía, como tal, non como corridor, incluída a variante de Brens; ou investimentos nos polígonos industrais. Outra das peticións máis recorrentes, nada menos que dende 1987, promesa dos tempos do Casón, é a da instalación do Porto Deportivo de Fisterra, ou dunhas instalacións mínimas para as actividades náutico-deportivas.

Unha infraestrutura que poderían dar servizo aos máis de 600 embarcacións en tránsito (Fisterra é perfecta parada para os que van ao Mediterráneo desde o Norte de Europa e á inversa), que paran na vila do Cristo cada verán. Unha cifra que aumentaría considerablemente se houbese instalacións axeitadas. Por iso solicitan uns pantaláns que acollan, polo menos, 20 embarcacións, e que poida ser ampliado no futuro.

Nese sentido, sinalan que “a infraestrutura que se pide para o porto deportivo de Fisterra é a protección dun contradique flotante, como o que xa foi instalado, pero que debe partir da zona oposta do porto, en concreto, da vigía aí existente, para deixar un espazo importante protexido do mar do vento do NE e onde se poidan instalar os pantaláns do futuro porto deportivo, que en principio, deberían permitir a atracada de non menos de 20 embarcacións en tránsito, para, posteriormente e, segundo a demanda, ilo ampliando con novos pantaláns para embarcacións náutico-deportivas que terían a súa base neste porto”.

Ocasións perdidas

Lembran os desleixo de gobernos e gobernos autonómicos (e oportunidades como o Prestige, a Fin do Camiño, a catalogación de Porto Xacobeo…) que esqueceron a bisbarra favorecendo a alarmante desertización demográfica, que sufrimos hoxendía.

Consideran “unha tomadura de pelo e un insulto á racionalidade” que as dúas únicas infraestruturas semellantes se atopen fronte a fronte na ría de Muxía e Camariñas. E aseguran que o Club Náutuico de Fisterra é “o primeiro interesado en que esa infraestrutura sexa executada, xa que os seus socios serían os máis beneficiados directamente”.

Novas relacionadas

 

Comentarios