Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Novas propostas para a mellora da dársena de Malpica

  • Continúa o estudo experimental para establecer un sistema de comportas no peirao
Reunion de Portos en Malpica
Novas propostas para a mellora da dársena de Malpica

Importante reunión hoxe na sala de xuntas da Confraría de Pescadores de Malpica coa presidenta de Portos, Susana Lenguas, acompañada do enxeñeiro xefe Juan Antonio, e o Patrón Maior e o Secretario da Entidade, en presencia ademais dos grupos municipais.

Reunion de Portos en Malpica 2

A reforma da dársena

zona onde Portos non permite o paso de trafico pesado
En vermello a zona a reformar

O tema principal da reunión foi a reforma do vial da dársena, que impide a día de hoxe o paso de vehículos pesados de ata 40 TN. Dende Malpica fixeron fincapé na necesidade de solventar a situación unha vez que a confraría está a punto de recibir a autorización para descargar máis de 10 toneladas. Dene Portos aseguraron que “hai vontade de acelerar as reformas” pero presentar un proxecto en dúas fases, a través do cal as obras comezarían de forma inmediata e a circulación estaría xa habilitada para Maio/Xuño, finalizando no 2021 coa reforma completa. Unhas obras que, en todo caso, permitirían desenvolver a actividade económica.

Tamén se propuxo por parte da Confraría que unha vez iniciadas as obras, se realizara unha pequena glorieta para facilitar o tránsito dos tráilers e que non teñan que dar a volta xunto a nave de redes.

Grúa de Barizo

Outra demanda histórica (dende xaneiro de 2018), é a renovación da Grúa de Barizo. Ante a dificultade de habilitalo como porto de descarga para a pesca profesional, aínda que a Confraría segue traballando para ver se pode habilitarse durante uns meses provisionais, unha das propostas pode ser que mediante convenios con federacións deportivas acuáticas ou clubes náuticos en colaboración co Concello, se poidan levar a cabo actividades náuticas e polo tanto sufragalo mediante o Concello e estas asociacións, incluso acudindo ó GALP.

Seguridade no porto

Pouco se falou doutro asunto tan importante como a seguridade no porto. A Xunta continúa estudando as correntes cun sistema experimental (Sistema de previsión de Comporta) que mide as correntes a través duns radares instalados para avaliar a apertura de comportas, cunha especie de semáforo.

Dende a confraría entenden que é un sistema moi complexo, de bastante envergadura e con organismos implicados como Costas, Medio Ambiente, zona Rede Natura. Polo que esperan que ata dentro de varios meses non haia novidades.

Novas relacionadas

Comentarios