Martes. 23.04.2024
El tiempo

O PP de Cee pide solucións á eterna parálise da Oficina Técnica

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Unha antiga obra en construcion en Cee
O PP de Cee pide solucións á eterna parálise da Oficina Técnica

Un asunto que vén de lonxe en Cee, e que se intentou solventar coa contratación durante 6 meses dun arquitect@. Unha solución temporal que non foi suficiente para o PP local, que lamenta que a paralización da Oficina Técnica supón un grave atranco para o crecemento económico do municipio.

”Temos a oficina técnica completamente desbordada, non sae unha soa licenza de obra, e iso significa a paralización da economía de Cee”, sinala Antonio Domínguez. “Hai cantidade de proxectos presentados de vivendas unifamiliares, de naves industriais, de casas de turismo rural. Si estas licenzas se condesen non se poñerían en risco as subvencións solicitadas polos promotores, poderíanse acometer os movementos de terra e as estruturas agora no verán, para logo no inverno ter traballo por dentro no interior das obras”, apunta, lembrando que “a construción é un sector que move todos os oficios, albañiles, carpinteros, fontaneiros, electricistas, etc… e ao mesmo tempo movería a hosteleria e o comercio tan necesitado en Cee”.

Por iso pide “contratar os arquitectos que sexan necesarios para liberar a oficina tecnica, conceder as licenzas necesarias e logo volver á actividade normal”, e asegura que “a alcaldesa terá o apoio do PP se fai o correcto”.

Comentarios