Xoves. 18.04.2024
El tiempo

PP e CIG atacan ao goberno municipal de Corcubión

PP e CIG atacan ao goberno municipal de Corcubión
A voceira do PP de Corcubión,. Gema Freire, así os representantes da CIG na Costa da Morte, fan referencia esta semana nas súas notas de prensa a sendas queixas que prantexan sobre a xestión do goberno municipal.

O PP e o solar do cine vello

Volve o PP criticar a xestión do alcalde, Francisco Lema, Chisco, sobre o solar do cine vello. Freire acusa ao actual alcalde de enviar á Xunta de Galicia o informe económico financeiro do Solar do Cine que non se axusta á realidade. Segundo Freire a intención do alcalde é modificar a ficha urbanística do solar, pero o informe obvia a "verdadeira situación económica do concello" ao non incluír a situación das contas en 2009, que presentan un déficit financeiro de 102.234, 44 euros, como destaca o informe da Deputación. Deste xeito o concello non podería asumir o custe da expropiación do solar.

Unha traballadora, o concello e a CIG

Esta semana tamén a central sindical galega, CIG, fai balance as últimas declaracións do alcalde sobre a traballadora que vén de recibir o recoñecemennto a ter condición de “contratada laboral indefinida”. Así, a traballadora deféndese das acusacións do alcalde verquidas no Diario de Bergantiños a semana pasada. O primeiro que apunta a CIG é que a demanda foi imposta pola propia traballadora, e non pola CIG, como denunciaba o alcalde. "Cando o alcalde fala do oportunismo político electoral na presentación desta demanda pola proximidade deste xuízo ás eleccións municipais esquece que foi presentada en outubro de 2008", destacan.

Avogado privado

Denuncian dende a CIG que "cando fala de que esta demanda só persegue aumentar o endebedamento do concello esquece , de xeito consciente, mencionar que acude aos xuízos cun avogado privado, pagado polo concello cando ten asistencia letrada gratuíta prestada pola Deputación, que para substituír a demandante contratou a unha traballadora á que, aparte do salario, tivo que abonarlle unha indemnización de 8.500€ por realizar un contrato en fraude de lei e que con posterioridade contratou a outra auxiliar administrativa por un período de seis meses á que tivo que abonar a totalidade do salario con cargo ao concello".

Novas relacionadas

Comentarios