Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PP malpicán considera “irrisoria” a cantidade coa que Deputación e Concellos axudan ás PEMES

PLENO MALPICA
Imaxe dun dos últimos plenos de Malpica
O PP malpicán considera “irrisoria” a cantidade coa que Deputación e Concellos axudan ás PEMES

Están os Concellos da comarca anunciando as axudas que aportarán, gracias á aportación da Deputación, a autonom@s e pequenas empresas para paliar a crise económica derivada do Covid. Unhas axudas que o ente provincial financia nun 80%, que están deixando arredor dos 100.000€ nos concellos da comarca. Así o anunciaron o Concello de Muxía, que repartirá 75.000; Vimianzo que destinará 160.000, Ponteceso que emprega 108.000€, ou Carballo, que gracias á súa poboación pode aportar case 700.000€.

En Malpica a cantidade é semellante. O Concello anunciaba unha achega de 116.000€ a repartir entre as 479 empresas locais, dos que 23.000 serían de fondos municipais. Unha cantidade que para o PP local é “irrisoria”, e lembra que xa o 1 de maio o seu grupo pedira unha liña de axudas. Unha liña que formulaba o goberno local pensando no remanente de tesourería que o goberno central debería ter liberado eximindo aos concellos de cumplir a regla de gasto da chamada “Lei Montoro”, ante o que o PP considera que tiñan que ter “usado fondos propios para reactivar a economía municipal”, que serían compatibles coas axudas de administracións superiores.

”Nin nos seus orzamentos, aprobados hai apenas unha semana, contemplan ningunha reserva económica para isto”, denuncia o voceiro Eduardo Parga nunha denuncia que debería extenderse a boa parte dos concellos da comarca.

Comentarios