Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP malpicán propón aproveitar o orzamendo que non se empregue nas festas estivais nunha liña de axudas para os autónomos

Redeiras traballando sentadas
O PP malpicán propón aproveitar o orzamendo que non se empregue nas festas estivais nunha liña de axudas para os autónomos

O portavoz do grupo popular de Malpica, Eduardo Parga Veiga, solicita ao executivo local que se cre unha liña de axudas que beneficie aos autónomos que se viron afectados polo COVID-19. O PP pensa en colectivos como o pesqueiro, incluíndo ás redeiras, pero non esquecen o resto dos negocios locais (hostalería, restauración, construción, moda, florerías, agro, olaría, automoción, etc.) que tiveron que pechar o 13 de marzo, e que terán un complicado regreso á actividade unha vez que esta Galega, Festa Mariñeira e outros actos culturais municipais da época estival, veranse obrigados a ser suspendidos.

Unha situación que pode provocar o peche definitivo de moitos negocios, polo que solicitan a creación dunha liña de axudas para paliar as perdas de todos os sectores afectados, precisamente utilizando os gastos non executados das festas. Propón, por exemplo, eximir da obrigación de abonar os servizos municipais (canon de auga, lixo, sumidoiros, etc.) do segundo trimestre do ano en curso, e mesmo, se a situación se alongue máis se faga o mesmo coa obriga tributaria do terceiro trimestre.

O PP lembra que o concello ten un remanente que supera os 2 millóns de euros e que un 20% do mesmo pode ser utilizado para urxencias, tralas novas modificacións da Lei orzamentaria.

Comentarios