Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP tumba as 41 enmendas aos Orzamentos presentadas polo BNG para a Costa da Morte

Votacions no Parlamento Galego
Así foron a meirande parte das votacións das enmendas aos Orzamentos no Parlamento Galego
O PP tumba as 41 enmendas aos Orzamentos presentadas polo BNG para a Costa da Morte

Como era previsible, o PP fixo caso omiso das peticións da oposición e votou en contra das 41 enmendas presentadas polo BNG aos Orzamentos de Galicia relativas á Costa da Morte. Cousas tan evidentes como incluír as obras para mellorar a seguridade do porto de Malpica, o remate da autovía, o saneamento da ría de Corcubión, a construción doCentro de Saúde de Fisterra, ou a dotación do heliporto de Lires, volverán botarse de menos nos Orzamentos Autonómicos neste 2021.

Unha nova demostración de que o esquecemento secular co que nos tratan os gobernos populares é absolutamente consciente. Dende o grupo da oposición critican que “o Partido Popular se aproveita da súa maioría no Parlamento galego para tumbar estas enmendas de innegable pertinencia para un futuro esperanzador no concello e na comarca".

A votación tivo lugar o pasado 26 de xaneiro, e resulta curioso comprobar na mediateca do Parlamento, o proceso de votación de varios centos de enmendas presentados polos grupos, primeiro por bloques de grupos e despois algunha por separado segundo as especificacións dos grupos. A realidade é que a meirande par teñen os mesmos votos, neste caso 42 en contra (os do PP) e 32 a favor (PSOE e BNG, malia que nalgunha das votacións un dos grupos se abstivo).

Se o BNG mazaricán lamenta a non inclusión dunha partida para a mellora do abastacemento de auga municipal cunha captación no río Beba, por Vimianzo botan de menos as 8 propostas que afectan directamente á capital soneirá (como a execución do “Corredor” ata Santa Irena, a melloras nas estradas AC-552, AC-441, AC-440 e AC-432; a rexeneración do paseo fluvial de Cereixo; o Aaneamento integral do val de Carnés e Cereixo; o Plan de Conservación e Protección dos Penedos de Pasarela e Traba; a creación dun Centro de Saúde en Baíñas ou a inclusión do Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil.

Novas sobre os Orzamentos da Xunta 2021

Comentarios