Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP de Zas pide unha taxa bonificada para o tanatorio

Tanatorio Zas feito por Ferrocar
O Tanatorio Zas foi construído pola empresa xalleira Ferrocar
O PP de Zas pide unha taxa bonificada para o tanatorio

Non se libra da polémica o Tanatorio municipal de Zas. Tras máis de 5 anos de obras e retrasos, este fin de ano quedaba rematado e o Concello aprobaba a taxa establecida para o seu uso en 350 euros.

Unha cifra moi alta para a veciñanza, segundo considera o PP local, que solicita “unha redución mínima de 118 euros” sobre a mesma. “Levamos a nosa proposta ao último pleno e atopámonos, sorprendentemente, coa negativa dun executivo local que se xustifica dicindo que a lei non permite facer esta bonificación”, subliñou David Gómez.

O portavoz dos populares lembra que “a ordenanza municipal permite que os veciños estean exentos do pago da taxa pola utilización dos pavillóns polideportivos cubertos”.

Comentarios