Imprimir

A praia de Carnota convertida nun camposanto de patexos

Redacción | 16 de setembro de 2020

A praia de Carnota convertida nun camposanto de patexos-Foto-Argi Castiñeira Lamela
A praia de Carnota convertida nun camposanto de patexos-Foto-Argi Castiñeira Lamela

Estes días, moitos veciños de Carnota subían ás redes unha imaxe curiosa da praia, convertida nun camposanto de cangrexos. Segundo boiólogo Pablo Rodríguez, trátase de Polybius henslowii, unha especie moi común entre o norte do Atlántico ata Marrocos e incluso no Mediterráneo.

Chamados nas nosas terras como patexos/patudos/pateiros/patelos... teñen uns “ciclos reprodutivos que os levan a facer grandes migracións, onde se agrupan fundamentalmente machos, que son os que soen aparecer en masa nas praias galegas cando no verán soben moito as temperaturas e o vento ven do norte. É un fenómeno natural, habitual, e que non ten que ver coa calidade da auga”, explica.

Os patexos teñen pouco interese comercial, aínda que é comestible, e en moitos casos se utilizan para facer piensos. Neste caso, seguramente as gaivotas serán as únicas beneficiadas.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carnota/praia-carnota-convertida-nun-camposanto-patexos/20200916094717121895.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia