Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A praia de Laxe e o porto de Camariñas, un pouco máis limpas gracias ao Cambio de Rumbo do sector do mar

LImpeza dos fondos do porto de Camarinas
Así foi a limpeza dos fondos do porto de Camariñas
A praia de Laxe e o porto de Camariñas, un pouco máis limpas gracias ao Cambio de Rumbo do sector do mar

De aquí a fin de ano, só estes días coincidían as mareas vivas, con marea baixa en fin de semana. Ideal para facer unha boa limpeza dos fondos do porto de Camariñas, así como ideal para demostrar, na praia de Laxe, o Cambio de Rumbo que provocou no sector do mar a Declaración de Camariñas, asinada en agosto por concellos, confrarías e asociacións.

Membros das confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras, alcaldes, concelleiros, entidades ecoloxistas e voluntarios, todos os participantes na xornada sabatina ficaron contentos pola tarefa realizada, e expresaron a súa vontade de seguir traballando xuntos, unindo forzas, para limpar e coidar o mar da Costa da Morte. De feito, a seguinte limpeza, xa está formulada e será na segunda quincena de novembro no concello de Malpica.

Limpeza na praia de Laxe

Limpeza na Praia de Laxe

O sábado tocou Cambio de Rumbo na praia de Laxe. U grupo de 52 persoas da Costa da Morte, integrado por membros das confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras, alcaldes, concelleiros, entidades ecoloxistas e voluntarios, deron o primeiro paso para lle dar forma ao gran proxecto da Declaración de Camariñas.

Nunha mañá de sol espléndido, estendéronse ao longo do areal da fermosa praia de Laxe e, o que a primeira vista semellaba un areal limpo, ao remate de 2 horas de traballo, deu unha importante colleita de lixo plástico miudo composta por máis de 30 latas, 17 botellas de plástico e 8 de vidro, 560 cabichas, 35 anacos madeira procesada, 57 bastonciños, 3 aplicacións de tampóns, 25 palliñas, 44 paíños de chupa-chups, 6 envases de lentiñas, 84 tapóns de botellas e varios anacos de roupa, e 12 kg de cabos, cordas, cordeis da pesca. Ademais, máis de 5kg de compresas e toalliñas húmidas que seguramente rematarían na praia despois das inundacións do temporal de mediados de mes

En total uns 60 kgs de lixo plástico miúdo, “verdadeiro veleno para o mar” que fica agora nos seus colectores, mentres algúns convéntense en valiosas crebas para que a brava xente de Mar de Fábula cre pezas artísticas.

Limpeza do Porto de Camariñas

Limpando o porto de Camarinas con Mar de Fabula

11 voluntari@s uníronse á limpeza na faixa baixa do porto de Camariñas aproveitando a marea viva. En pouco máis dunha hora apañaron unha arrepiante colleita de lixo de toda caste, moito, afundido no fango por unha banda do paseo e na area pola outra.

Unha chea de botellas de vidro, enteiras e rotas; unha chea de botellas de plástico; tres neumáticos de coche; varios anacos grandes de uralitas de plástico; restos de dúas nasas grandes, antigas, de ferro; varias estructuras de ferro; masas de cabos; unha chea de plásticos rotos, desfeitos; anacos de tuberías de plástico; unha lona grande de cor negra; un envase contendo aceite industrial; 6 bolsas pequenas con veleno para as ratas….

En resume, foron 16 sacos grandes de 100 litros de capacidade, contendo cada un aprox. uns 30 kilos máis o que sacaron do granel, farían un total de aprox. 500 kilos, Todo foi depositado nos seus respectivos colectores excepto o veleno que levarán ao punto limpo.

En todo caso, recoñecen que queda moito por facer: “refugallos plásticos pousados en zonas de fango inaccesibles, perigosas para traballar a pé pero ésta foi a primeira vez. Volveremos na primavera e faremos para contar cunha gamela para apañar o lixo a flote. É importante o que fixemos pero máis importante ainda é sementar nas mentes dos visiños o sentido de responsabilidade de que coiden o seu mar, a súa riqueza, o seu futuro”, explica un dos promotores, Xosé Manuel Barros.

LImpeza de Mar de Fabula no porto de Camarinas

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios