Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A #PrazadosLibros bate marcas de facturación

Este ano vendéronse na Praza dos Libros máis de 1.400 exemplares, o 65% en galego
 

PRAZA DOS LIBROS Carballo 2019
PRAZA DOS LIBROS Carballo 2019
A #PrazadosLibros bate marcas de facturación

Cheo de vida estivo o Xardín Municipal durante os 4 días da Feira da creatividade cultural A Praza dos Libros. Unha cita que serve para sacar os libros á rúa, e enchela de actuacións. Máis de 20 actividades, dende o pregón reivindicativo de María Reimóndez (que puxo os libros e a cultura galega como único antídoto ante o capitalismo voraz) ata o Festifolk, onde Treixadura deixou patente a súa potencia.

Maria Reimondez en Carballo

O mercado do xoves e a feira dominical maridan ademais á perfección con esta proposta. Así o demostra o deito de que os moletiños de pan, que se regalaban con cada compra dun libro, se esgotaran en case todas as casetas das librarías.

Unhas librarías que non puideron máis que valorar como excelente a Feira, pois volveron bater o seu record de facturación nos 12 anos de feira, chegando a un total de 18.600 euros, correspondentes á venda de máis de 1.400 libros.

En galego

A literatura galega acapara o 65% da demanda, e unha vez máis os que máis tirón teñen son os títulos que se presentan na feira. Nesta edición o libro para adultos máis vendido foi “Nas cortinas do tempo”, de Xosé Antonio Andrade, e os tres seguintes tamén levan a sinatura de autores que estiveron presentes na Praza dos Libros: “Un peixe no parqué”, de Moncho Vilar; “Contra todo isto”, de Manuel Rivas, e “Infamia”, de Ledicia Costas. En literatura infantil arrasou “O vello dos chupetes”, de Fernando Calvo.
Por outra banda, entre o 35% dos libros vendidos en castelán atopamos “El mal sin cura de la Costa da Morte”, do carballés Manuel Rey Pan.

Maxin Blanco na PRAZA DOS LIBROS Carballo

Novas relacionadas

 

Comentarios