Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Preferente comezará o 31 de xaneiro: o 20, o sorteo do calendario

  • A RFGF presentou aos clubs o “Programa Excepcional Alento” de axudas para os equipos da categoría co fin de colaborar nun momento tan delicado para eles. Cada equipo recibirá uns 3.000 euros da Federación esta tempada
Preferente norte 2020-2021
A Preferente comezará o 31 de xaneiro: o 20, o sorteo do calendario

A RFGF mantivo este xoves unha xuntanza telemática cos 40 clubs rexistrados para xogar esta tempada en Preferente Galicia. A primeira nova foi a modificación da data de inicio, prevista para o 24 de xaneiro, pero que trala petición de varios equipos se adía ao día 31.

O sorteo do calendario serña próximo mércores día 20 de xaneiro a partir das 17.30 horas, e será retransmitido en directo por streaming.

Programa Alento

PROGRAMA ALENTO PREFERENTE

A entidade tamén presentou aos clubs participantes a nova liña de axudas do Programa Excepcional Alento que deseñou a Real Federación Galega de Fútbol para estes 40 conxuntos inscritos na Preferente Galicia: 

    •    Financiación de test (25 test por equipo e por mes) e da tramitación dos mesmos, así como o anticipo do pago de todos os test que debe realizar cada equipo
    •    Financiación do 100% do Seguro de Responsabilidade Civil aos equipos adheridos á póliza federativa
    •    Entrega de 10 balóns por equipo e un trolley
    •    Unha partida económica de 2.000 euros por participación que se concede por primeira vez nesta categoría.


 

Comentarios