Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente: Días de gloria e fango

O Fisterra volveu vencer en Ara Solis
O Fisterra volveu vencer, e convencer, en Ara Solis
Preferente: Días de gloria e fango

O Fisterra segue soñando mentres o Xallas segue no fango. Así está a cousa na Preferente Norte, onde o cadro fisterrán mantén a ilusión na súa bancada manténdo postos de promoción, e o Xallas pecha a clasificación tras unha nova goleada.

Polo medio, a SD Sofán, acostumado á zona morna, que puido terlle sacado algo de xugo á súa visita a un dos de arriba, o Puebla.

 

Ribadeo - Xallas (4-0)

  • Xallas: Coke, Marcos Mouro, Loureiro, Lagoa, Jacobo, Borja (Manuel), Jordan, Juan de Celia (Carlos), Marquiños, Blanco (Fabián xuvenil).
  • Goles: 1-0, m.21; 2-0, m.30; 3-0, m.55; 4-0, m.65.

Segue o Xallas sen levantar cabeza, a pesar de que conseguía comezar o partido ben igualado. Pero chegou o primeiro tanto, tras un rexeite na área, e xa se desmorona todo. Tocaba remar e os de Adrián Lema deron a cara, cun par de boas ocasións para empatar, pero pronto facía o segundo o cadro local, e a expulsión de Jacobo deixaba ao equipo con 10 para toda a segunda metade…

Intentaron reaccionar na sgeunda pero o Ribadeo sentenciaba pronto, e a pesar de que chegaron ocasións xalleiras non estiveron acertados. Segue sumando ademais lesións, como foi a de Juan de Celia esta semana.

 

Fisterra - Foz (4-0)

  • Fisterra; Iván Bouzón, Pablo Vigo, Breixo, Aarón Fdez., Julito, Piti, Aarón López, Herbert, Capelo, Julián López, Adrián Makaay. Tamén: Jorge, Roa, Dani Rubia, Dani Martínez e Aarón Lobelos.
  • Goles: 1-0, m.47: Adrián Makaay; 2-0, m.66: Roa; 3-0, m.73: Aarón López; 4-0, m.79: Adrián Makaay.

Capis do Fisterra-Foz co trio arbitral

Volveu saltar o SuperFisterra a Ara Solis, ilusionando a toda afección da vila do Cristo e de todo o Fútbol da Costa, cunha nova goleada ante todo un Foz, que viña sendo o mataxigantes da categoría. A primeira metade foi aburrida, con excesivo orde táctica polos dous bandos, duras disputas e máis dudas que solucións no bando local.
Cambiou o conto na segunda, onde a SD ensinou todo o seu poderío ofensivo. Nada máis comezar un balón en profundidade era aproveitado por Makaay (xa leva 6 co doblete de hoxe), para abrir o marcador. O Foz intentouno pero o partido estaba controlado polos locais, e Bouzón foi mero espectador. O choque seguiu decantándose e foron Roa e Aarón López, os que completaron a goleada.
Boa nova ademais co debut de Jorge na Preferente substituíndo a Bouzón na meta verde.

Aquí tendes o partido completo da man de Steffen:

 

Puebla - Sofán (1-0)

  • Sofán: Álex López, David Castro, Gody, Dani Becerra (Rubén, m.53), Viqui; Fabián (Eibe, m.20), Juanjo (Raúl Añón, m.20), Carro; Matías (Parafita, m.70), Álex e Quintela.
  • Gol: 1-0, m.36: Madiop de penalti.

11 do Sofan na Pobra

Igualadísmo partido na Pobra, cunha primeira metade na que ao Sofán non lle saía nada, como demostran os dous cambios que tivo que facer Alebrto Rodríguez polas lesións de Juanjo e Fabián.
Aínda estaba ben posicionado o cadro carballés, que era o primeiro en ir avisando, como o balón de Carro ao que non chega Quintela no ecuador do primeiro tempo. Tamén chegaba Madiop, a gran referencia en punta dos locais e sobre o que cargaban todo o xogo de ataque. Nun destes balóns, recibe un pase a espalda da defensa sofanista e cando se dispón a tirar a portería chega para cortar o sei tiro Dani Becerra.

A xornada clave do partido chega a 7 minutos do descanso. Madiop intérnase na área, Alex López sale a tapar o tiro, toca o balón e coa inercia da saída e co campo rapido como estaba barre a Madiop e o árbitro interpreta penalti a expensas do seu asistente. Xogada moi protestada, onde ademais amonesta ao meta sofanista, e Madiop non falla para deixar en vantaxe aos locais.

Na reanudación o Sofán seguiuno intentando ante un Puebla replegado pero de novo tivo que recompoñer a súa liña defensiva, esta vez por unha nova lesión, a de Dani Becerra. Tivo Alexandre un par de achegamentos sobre a meta rival, e tamén dúas boas accións de Quintela que non acertou a rematar entre os 3 paus.

En accións a balón parado o Sofán tivo tamén perigo, pero o resultado xa non se movería, cun Puebla ben armado atrás e sen fisuras.

 

Comentarios