Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preferente: Entre os 8 primeiros

Preferente: Entre os 8 primeiros

Boa xornada para os 3 equipos costeiros na Preferente. 2 vitorias e un empate é o balance colleitado, que permite que os 3 se sitúen entre os 8 primeiros.

Dumbría - O Val (0-0)

Dumbria-O Val-Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Iván Pequeño (Tati, min.80), Tantán, David Carreira, Pablo Conde, Aarón López, Iago, Brais (Riki, min.65), Leo (Jesús, min.60), Luisito (Pereira, min 85), Pablo Muíño.

Soso partido no Conco adiantado ao venres, que queda cun empate que deixa aos de Canosa en boa posición. Na primeira metade os locais mantiveron un inerte control do xogo sen apenas crear perigo máis que un forte tiro de Pablo Muíño. Na segunda axilizouse algoo xogo e os porteiros tiveron que esforzarse algo máis. Luisito tivo a opción máis clara do partido para os locais pero o marcador non se movería.

Brais no Dumbría-O Val - Foto-Jorge Parri

Xallas StComba - Ribadeo (4-1)

  • XSC: Diego, Rubén Forján(Chinda, min.77), Guille, Pablo Vigo, Oscarín, Pablo Baña (Orlando, min.55), Jota (Alfonso, min.73), Doro, Mon, Adrián Beiroa (Noli, min.77), Javi Suárez.
  • Goles: 1-0, min. 15: Javi Suárez de vaselina tras un gran control a pase de Oscarín; 2-0, min.22: Adrián Beiroa de vaselina tras pase estilo Laudrup; 3-0, min.57: Jota dende fóra; 3-1, min.70; 4-1, min.75: Doro de cabeza nun córner.
  • Expulsión: un visitante no min.33 ao recibir o segundo cartón por entrar no campo sen avisar...

Contundente vitoria do XSC que se mantén preto do liderato. Os de Corredoira fixeron unha primeira media hora moi boa, dominando e asinando 2 golazos impresionantes con sendas vaselinas de Javi Suárez e Adrián Beiroa.
O Ribadeo quedou cun home menos ao fio do descanso por unha rigorosa expulsión, nunha xogada na que ademais o colexiado anuloulles un tanto.

Con superioridade durante toda a segunda metade os locais apenas sufriron, dominando o balón e ampliando a renda por medio de Jota e Doro.

Soneira - Silva (1-0)

Soneira-Silva-Foto- Jorge Parri
  • SONEIRA: Cheli, Pichi, Fran Urroa (Maikel, min.75), Sito, Nico, Baba, Darío, Mayor, Toni Fisterra, Javi (Adrián Makaay, min.55), Cristian Figueroa (Toni Muros, min.55).
  • Gol: 1-0, min.85: Maikel tras un rexeite.

Un solitario gol a falta de 5 minutos de Maikel, que o venres saía dende o banco na segunda metade, solventou un complicado partido para os de Felipe, pero que lles permite ascender ata a 8ª posición e escapar da zona de abaixo. O partido xa comezaba mal, pois se tivo que retrasar media hora ao chegar os coruñeses sen efectivos.

O Soneira dominou en todo momento, pero non acababa de crear demasiado perigo. Os coruñesese aguantaban atrás non permitindo boas opcións, e tivo que ser xa ao final, cun balón morto que aproveitou Maikel para facer un gol importantísimo para os soneiráns.

Soneira-Silva-Foto- Jorge Parri

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios