Martes. 16.04.2024
El tiempo

Preferente: O Fisterra non puido co poderoso Viveiro, pero o Xallas segue gañando

Xallas en familia contra as Violencias
A familia do Xallas en negro contra as Violencias
Preferente: O Fisterra non puido co poderoso Viveiro, pero o Xallas segue gañando

Non puido ser. Xa dicía o venres Tolo que era un choque importante pero non vital, e o Fisterra non vai decaer por perder na cancha do poderoso líder, un Viveiro que só se deixou 7 puntos polo camiño nestas 14 primeiras xornadas. Os de Canosa manteñen a segunda posición que pelexarán ata o final, e ademais esperan ao cadro da Mariña en Fisterra para darlles un bo “golpe de mar”.
A boa nova da xornada chegou de Fontenla, onde o Xallas volvía gañar, e son xa 4 xornadas sen perder, saíndo ademais dos postos de descenso. O que non acaba de saír da monotonía é o Sofán, o equipo en peor forma da categoría, tras 6 xornaas sen gañar.

Viveiro - Fisterra (2-0)

  • Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Colombia (Julito, m.62), Aarón Fdez. (Pablo Lestón, m.85), Roa, Aarón López (Aarón Lobelos, m.72), Herbert (Rubia, m.88), Julián López (Cristopher, m.88), Andres Vigo, Capelo e Adrián Macaay.
  • Goles: 1-0, m.10: 2-0, m.55.

Fisterra en Viveiro 2

Gañou por oficio este Viveiro que demostrou estar un paso por diante en agresividade e intensidade, e que ademais soubo aproveitar os erros dos fisterráns. Como o primeiro, que chegaba tras un córner no que Andrés se relaxou en demasía, e tras dous remates consecutivos. Non son habituais eses erros no cadro de Canosa, pois ademais o balón parado é un dos seus fortes. O Viveiro presionaba con intensidade e levou o peso do partido na primeira parte. Pero xusto antes do descanso o colexiado, moi protestado polos verdes, non sinalou un claro penalti sobre Aarón Fdez.

Comezou ben asentado o Fisterra na segunda, pero sen facer dano. Era un toma e daca no que ambos equipos que mostraban o seu potencial, pero sin finalizacións. Porén, cando mellor estaba, chegou o mazazo do segundo gol tras unha falta lateral que, coa axuda do vento, colouse por arriba de Iván Bouzón. O Fisterra intentouno pero sen premio, e lamentou algún comentario despectivo de varios xogadores locais que non viñan a conto.

O Viveiro levou 3 puntos por oficio, intensidade e veteranía, pero se cadra o Fisterra sacou máis aprendizaxe do choque.

 Fisterra en Viveiro

Xallas - Lemos (4-2)

  • Xallas: Coke, Marcos Mouro, Jacobo, Cris, Marquiños (Peke), Jordan (Santi), Borja, Juan de Celia, Pablo Mato, Doro (Manuel) e Álex Blanco (Carliños).
  • Goles: 1-0, m.12: Pablo Mato; 2-0, m.23: Álex Blanco; 2-1, m.40; 3-1, m.70: Doro; 4-1, m.75: Pablo Mato; 4-2, m.84.

Con paciencia e concentración, ademais de cun gran esforzo físico, formulou o partido Adrián Lema, ante un equipo que gusta de ter o balón. Pero o estado de Fontenla axudou máis aos locais, que comezaron a buscar os puntos febles e pronto atoparon ocos na defensa, para abrir o marcador antes de que se cumplise o primeiro cuarto de hora gracias a unha galopada de Pablo Mato e pouco de pois por medio de Alex Blanco a centro do propio Pablo.
O Lemos apretaba e facía xa sufrir ao cadro xalleiro, pero as contras de Blanco e Doro eran máis claras, e atrás a defensa estaba moi segura. Nun tiro lonxano chegou o 2-1 ao fío do descanso.

Perigoso ese tanto, pero o equipo saíu convendido de aguantar. Non sufriu os primeiros minutos e na primeira chegada Doro marca o terceiro, e pouco despois Pablo Mato, tras unha recuperación, marca o seu segundo tanto. Aínda tivo que pelexar ata o final e non relaxarse o cadro verde para sumar esta importante e traballada vitoria que os saca dos postos de descenso.

 Xallas tras vencer ao Lemos

Sofán - Ribadeo (1-1)

  • Sofán: Álex López; Rubén (Añón, m.72), David Castro, Becerra, Viqueira; Eibe, Parafita (Jony, m.77), Juanjo; Alexandre, Carro (Raúl, m.70), Quintela (Luís, m.60).
  • Goles: 0-1, m.53; 1-1, m.56: Alexandre.

Sofan en negro contra as Violencias
O Sofán tamén secundou a campaña En Negro contra as violencias polo 25N

Entretido partido no Carral onde a SD recibía a un Ribadeo asentado na zona alta da táboa. quería romper a serie de resultados negativos o equipo de Alberto Rodriguez e saíu a polo encontro dende o inicio e xa na primeira acción entre Carro e Parafita a piques está de converterse en gol. Foi un partido típico do Carral, cun ritmo alto do equipo sofanista e onde foi claro dominador do encontro, sobre todo na 1ª parte, con varios chegadas de perigo nas botas de Quintela, Alexandre, Parafita e Eibe, sobre todo un centro deste último que se envelena e desvía fóra Carrera.
O Ribadeo cargaba o xogo sobre Poratti, Brais e Aitor pero sin acerto, xa que todas as accións eran ben controladas pola defensa sofanista. A gran envergadura e poderío físico do Ribadeo facía que o perigo que creaban sobre a meta de Alex fora sobre todo en balón parado. Co empate inicial chegariase o descanso e coas sensacións de que o Sofán merecia algo áis.

Na reanudación máis do mesmo,peroo o primeiro gol chegaría, pronto, para o Ribadeo, aproveitando un rexeite. Porén os locais seguiron insistindo e así chegou, apenas 3 minutos despois, o empate nunha boa combinación entre Carro e Alexandre, onde o primeiro filtra un bo pase para Alexandre, que despois de desfacerse do seu par cun autopase, métese na área e saca un disparo inapelable.

O ritmo seguía a ser alto e por momentos houbo algunha que outra acción dubidosa, como a incomprensible expulsión de Alexandre nun clamoroso erro arbitral de apreciación, e ante o ruxir da grada. Con este panorama, o Sofán xuntou liñas e fixose forte para facer bo o empate e cerrar un encontro do que mereceu máis.

Empate o Sofan no Carral

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios