Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Preferente: O Fisterra pecha con goleada, e gol do porteiro, un histórico 2019

Ano historico este 2019 para a famiia do Fisterra
Ano histórico este 2019 para a famiia do Fisterra
Preferente: O Fisterra pecha con goleada, e gol do porteiro, un histórico 2019

Chegaba cunha serie de 3 derrotas seguidas o Fisterra a Sigüeiro, pero volve, e pecha un histórico 2019, cuna fermosa goleada. Un partido que tivo un protagonista, Iván Bouzón, que marcou de portería a portería, para deixar ao equipo 3º na táboa, empatad o co Boiro, que tivo que aprazar o seu partido.

O Xallas volveu ter malas sensacións na casa, e a Sarriana, un dos de arriba, volveu meter no pozo ao cadro de Adrián Lema despois da remontada do pasado mes.

O mal estado do campo de Boimorto provocou a suspensión do choque do Sofán.

Sigüeiro - Fisterra (0-3)

  • Fisterra: Iván Bouzón, Julito, Pablo Vigo, Aarón Fdez., Piti; Aaró López, Julián, Santi Taboada, Capelo, Herbert e Adrián Makaay. Tamén: Roa, Colombia, Dani Rubia e Pablo Lestón.
  • Gol: 1-0, m.10: Iván Bouzon de saque de portería directo; 0-2, m.30: Capelo de falta directa; 0-3, m.65: Santi Taboada tras unha combinación.

Partido da SD Fisterra en Sigueiro

Vitoria necesaria a que conseguiu un Fisterra moi superior en Sigüeiro. Pronto encarrilou o partido co tanto do meta Iván Bouzón, que lanzou un zambombazo que se acabou colando por riba do porteiro local. O Fisterra facía un partido moi serio, dominando en todas as facetas, pero sen alardes, chegando arriba e facendo da súa firmeza atrás a mellor arma. Capelo facía o segundo de falta directa á media hora.

Na segunda, máis do mesmo, cun Fisterra que non deixaba xogar e manexaba o tempo do partido ao seu antollo, pois pronto sentenciaba Santi Taboada tras unha boa acción colectiva.

 

Xallas - Sarriana (0-4)

Mal partido onde non lle saíu nada ben ao equipo xalleiro. Aínda así despois da expulsión moi dubidosa de Jaco ao fío do descanso, intentouno durante 40 minutos da segunda metade sen acerto. Antes, na primeira, o cadro local adiantouse moi temprano e o quipo tiv que remar contracorrente. Con 10, na segunda, o Xallas apretou e deuno todo tendo ocasións para recurtar. Non chegou o gol a pesar do encomiable esforzo, e a sentenza chegaría nos últimos 5 minutos.

  • Xallas: Coke, Loureiro (Grille), Cris, Peke, Jaco, Mouro, Santi, Marquiños, Carlos (Manuel), Doro (Camilo), Pablo Mato.
  • Goles: 0-1, m.8; 0-2, m.23: de penalti; 0-3, m.84; 0-4, m.86.
  •  

    Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios