Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Preferente e as Ligas Galegas de Base si comezarán este xaneiro

Protocolo RFGF
A Preferente e as Ligas Galegas de Base si comezarán este xaneiro

Resposta dispar ás datas para reiniciar a competición.

Se por un lado vimos resposta unificada da meirande parte dos equipos costeiros de non competir, na Preferente xa son 30 os equipos que xa confirmaron a súa inscrición cando aínda non se chegou á metade do prazo, concretamente 15 no Grupo Norte e 15 no Grupo Sur. Sofán e Xallas entre eles e de feito esta pasada semana xa comezaron a adestrar, primeiro sen contacto e despois da realización das primeiras PCR xa de xeito normal.
Así semella que este vindeiro 24 de xaneiro comezará a rodar o balón na categoría.

Mentres, na 2ª e 3ª non hai demasiados movementos. Como xa viramos hai unha semana, a precaución está sendo a protagonista. Só a Esteirana manifestou a súa intención de non inscribirse, e se ben parece que hai contactos entre diferentes clubs, o prazo de inscrición aínda non comezou.

Pola súa parte, a Real Federación Galega de Fútbol asegura que preto do 75% dos equipos das Ligas Autonómicas de Base (Liga Galega Xuvenil, División Honor Cadete, Liga Galega Cadete e Liga Galega Infantil) que ten previsión de comezar o 31 de xaneiro xa están inscritos. O Dumbría aseguraba que seguramente inscribirá os seus equipos.

A RFGF asegura que ”respectamos e entendemos calquera das decisións adoptadas por cada club. Todos os argumentos son válidos, tanto para non xogar como para xogar. Precisamente por iso se optou por abrir un prazo de inscrición e así coñecer da maneira máis fiable as decisións de cada club. Cabe recordar que en estas categorías o protocolo establece a obriga de adestrar e xogar con máscara, salvo na Liga Galega Xuvenil na que son necesarios os test cada 14 días”.

Novas relacionadas

Comentarios