Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: os puntos están moi caros

Preferente Norte: os puntos están moi caros
S.D. SOFÁN 1 - S.D. DUBRA 1 S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Sera, Pablo, Félix, Antonio, Canedo, Eibe, Iván Rey, Alexandre, Fabián e Raúl. Tamén xogaron Camilo, Quintela, Luis e Rubén. GOLES: 0-1 50´Diego Gesto   1-1 86´Luis de penalti Xusta igualada no Carral, nun encontro marcado pola calamitosa actuación arbitral, que nun encontro de guante blanco expulsou a Iván Rey 65´ por parte do Sofán e a Brais 73´, Cholo 89´e o adestrador Adrián Vázquez 89´por parte do Dubra, tomando decisións incomprensibles e caóticas en todo momento, e mostranto 17 cartóns amarelos¡¡¡. No meramente deportivo o encontro foi moi igualado. Un erro defensivo local serviu para que se adiantase o Dubra. Remou o Sofán e atopou a oportunidade de igualar nun penalti sobre Raúl que transformou Luis. O mesmo Luis tivo unha falta ó borde da area no último minuto pero Coutinho estivo moi firme e detivo o lanzamento. XALLAS F.C. 0 - C.F. NOIA 3 XALLAS FC: Coke, Rubén, Jacobo, Alex Canedo, Baba, Doro, Julián, Madiop, Marcos, Oliver e Iván González. Tamén xogaron Santi, Cristian, Abel e Alex Blanco. GOLES: 0-1 18´Stefan   0-2 37´Nando   0-3 72´Stefan Puido adiantarse o Xallas no 3´nun centro de Doro a Iván que este mandou alto. Os visitantes non perdoan no seu primeiro achegamento, nun remate de Stefan. Unha xenialidade de Nando, que se foi de todos os defensas que lle saíron ó paso e batiu a Koke por baixo, puxo terra de por medio, e contra un equipo como o Noia é moi difícil levantar dous goles en contra. No segundo tempo o equipo visitante defendeu con oficio e Stefan novamente aproveitou unha contra para sentenciar o encontro ante un Xallas que pronto baixou os brazos.

Comentarios