Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente: Querido Santa Claus...

Preferente: Querido Santa Claus...
Como se fose unha peña atlética, o Xallas nunca deixou de crer, nin case descendido según moitos en Nadal, e acabou por selar unha permanencia en forma de milagre Xallas consegue a permanencia na preferente Castro 1-2 Xallas Coñece as nosas ofertas a través do noso Facebook SenraSport Coñece as nosas ofertas a través do noso Facebook SenraSport
  • Campo: Municipal de Castro
  • Castro: Yebra, Jairo, Dumi, Suso (Tanketín m.49), Juanma, Novo, Palomo (Alvarito m.68), Xaime, Buide (Iván González m.82), Nano e Marino
  • Xallas: Julián, Cristian, Hugo, Vecino, Martín Barreiro, Canedo, Kevin, Jesús (Anxo m.75), Coria (Róber Pladur m.71), Fernando e Camilo (Marcos m.60)
  • Árbitro: Soage Fernández (Vigo)
  • Goles: 0-1 m.56 Kevin; 0-2 m.71 Kevin; 1-2 m.81 Xaime, de penalti
Dicía o gardamallas Julián ao terminar o partido do Xallas en Castro de Rei: "En Nadal dicían que estabamos en Primeira, agora estamos salvados". Algún anónimo xalleiro debeu ter sido moi bo no 2015 e escribiu unha carta agraciada a Santa Claus, que na Laponia recibiu o encargo da permanencia dos de Santa Comba. Só así, ou en virtud dunha fe inquebrantable, pode entenderse a milagre da permanencia, finalizada hoxe cun triunfo no campo do campión da Preferente Autonómica. En Nadal, por exemplo, o Xallas loitaba por escapar da última praza, xunto a un Dumbría ao que acabou por sacarlle 25 puntos. Algunhas das chaves da permanencia saíron á luz no Municipal de Castro. Nomeada a fe, a segunda é a orde que acadou un equipo que xoga con menos riscos, coas ideas máis claras, e que sobre todo defende moi ben. Nin unha oportunidade clara de perigo lle fixeron os lucenses na primeira metade. Certo é que o clima era totalmente festivo, pero tamén o once local era o habitual de todo o curso. Non escatimou en valentía o equipo e buscou o gol sen descompoñerse durante ese acto inicial de nervios. Coria e Hugo marraron ante a portería do Castro en dúas saídas rápidas tras recuperación. Non era o día do punta uruguaio, que aínda perdoaría outra opción máis. Con Róber agardando a súa no banco e Coria con menos fortuna do habitual, o home da permanencia foi Kevin. Seus foron os dous tantos que apuntalaron o éxito. O primeiro, ao pouco de reanudarse o partido, tras un gran pase dun Jesús notable. E para sentenciar, co Castro sen volcarse de todo e o equipo ben prantado, ao aproveitar unha asistencia de Fernando. Estaba todo feito, a pesares de que os rivais directos estaban a cumprir nos seus compromisos. E nin o penalti convertido por Xaime pudo coa vontade dun Xallas que ven de acuñar iso do Atlético de Madrid para Milán. Que nunca deixou de crer. Grazas Santa Claus. O Xallas conseguuiu a permanencia na Preferente  

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios