Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán golea ao Xallas mentres o Fisterra segue soñando

Xallas-Sofan no Carral
Imaxe do Xallas-Sofán no Carral-Foto: SD
Preferente: O Sofán golea ao Xallas mentres o Fisterra segue soñando

Menuda goleada leva o Xallas para casa, afundido na táboa, do seu paso polo Carral. O derbi costeiro comezaba igualado, adiantándose e todo o cadro xalleiro, pero na segunda metade os goles foron caendo para o Sofán.

Mentres, o Fisterra venceu na casa, noutro exercicio de seriedade, e aproveitamento do balón parado (un gol, golazo, de falta e outro de penalti), e aproveita o tropezo do Boiro para poñer 5 puntos sobre os tres terceiros que, iso si, teñen un partido menos. A semana que vén, un Boiro-Fisterra fundamental nesa loita pola segunda praza de ascenso directo.

 

Fisterra - Boimorto (2-1)

  • Fisterra: Jorge, Pablo Vigo, Breixo, Piti, Julito, Dani Martínez, Aarón Fdez; Aarón López, Julián López, Herbert e Adrián Makaay. Tamén: Jesús, Roa, Pablo Lestón, Dani e Colombia.
  • Goles: 1-0,m .62: Herbert de falta; 2-0, m.73: Adrian Makaay de penalti; 2-1, m.91.

Fisterra na casa ante o Boimorto

Un firme e robusto Fisterra volveu dar unha alegría aos seus cun partido serio e sen fisuras. Coa novidade de Jorge baixo paus ante a baixa de Iván Bouzón, que probablemente se perderá toda a temporada trala súa lesión de xenollo. Un Jorge que demostrou que o equipo non ten que temer, e fixo paradas de moito mérito.

Ao descanso chegaríase sen goles, con oportunidades para o cadro local tras vairas chegadas por banda de Makaay e Herbert. Os visitantes tamén tiveron 3 moi claras, pero apareceu un Jorge que voaba como Iker Casillas.

Estirouse algo máis o cadro de Canosa coa saída de Jesús. E volvía a aparecer Herbert, facendo outro golazo de falta, como en Laracha, que val eun mundo. Pouco despois Makaay faría o segundo tras un penalti cometido sobre Kaka. O equipo retrasou liñas, tapou ocos e deixou pasar os minutos, e só sobre o pitido final os visitantes recurtaron pero xa sen fe de chegar ao empate.

 

Sofán - Xallas (7-1)

11 do Sofan que venceu ao Xallas-FotoSD

  • Sofán: Brais; Añon, Dani Becerra (David Castro, m.46), Gody, Viqueira (Rubén, m.63); Canedo (Carro, m.58), Juanjo; Alexandre (Martín, m.70), Quintela (Matías, m.52), Parafita; Raúl.
  • Xallas: Coke, Peke (Pablo), Jac, Marcos Mouro, Santi, Jordan, Borja (Manuel), Juan, Carlos (Camilo), Doro, Marcos (Cristian).
  • Goles: 0-1, m.23: Marcos Mouro remata unha falta lateral botada por Doro; 1-1, m.24: Quintela; 2-1, m.26: Quintela a pase de Raúl; 3-1, m.44: Juanjo nunha xogada a balón parado; 4-1, m.50: Quintela remacha unha vaselina de Alexandre; 5-1, m.65: Juanjo; 6-1, m.75: Matías; 7-1, m.88: Raúl aproveita un rexeite.

Levouse o Sofán o derbi fronte o Xallas na tarde de hoxe, nun partido estrano, que comezaba con dous equipos froxos, lentos, medíndose demasiado. Abría o marcador o Xallas no ecuador da primeira, tras 23 minutos de nada ou moi pouco. Pero pouco lle durou a vantaxe o Xallas, porque en apenas 3 minutos o Sofán dába a volta ao marcador cos dous primeiros tantos de Quintela. Tiveron varias os locais antes do descanso para ampliar a renda, e despois de que Raúl, Juanjo e Fita fallasen, Juanjo si que acertaba ao fío do descanso.

Saíu o Xallas pouco intenso na segunda, e a SD aproveitaba e marcaba o cuarto moi pronto. Só Marquitos, cun balón ao longueiro facía alo de dano, pero o novo gol de Juanjo de cabeza rompía o partido, de xeito que os goles seguirían caendo ata o 7-1 final. Loable en todo caso a actitude dos xalleiros competindo ata o pitido final.

 

Todas as crónicas de Preferente

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios